Compromiso por Galicia reforza a alianza para unha Europa dos pobos no Alderdi Eguna

O PARTIDO GALEGUISTA ACUDIU CUNHA AMPLA REPRESENTACIÓN AOS ACTOS DO ALDERDI EGUNA E AVANZOU NA “VIA GALEGA” PARA CONSEGUIR MAIOR BENESTAR E MAIOR CREACIÓN DE RIQUEZA NO NOSO PAIS.
Publicado por o día 03/10/2018 na sección de Compromiso por Galicia,Política

Compromiso por Galicia reforza a alianza para unha Europa dos pobos no Alderdi Eguna

O Secretario Xeral, Piñeiro Docampo, declarou que Compromiso por Galicia é xa un socio estratéxico e fiable para os jetzales, xunto aos que apostamos por unha nova alianza estratéxica dentro de Europa e no marco da axenda 2025 da UE.

Este ano Compromiso por Galicia contou cun espazo propio dentro das tradicionais “txoznas” que as diversas agrupacións do EAJ-PNV ocupan na “kampa” de Foronda. Mais de 90.000 persoas acuden á festa do partido, incluindo delegacións convidadas de todo o mundo: Angola, Chile, Estonia, México,..

O pulpeiro do Carballiño foi unha das atraccións gastronómicas do evento, xunto aos viños do ribeiro e albariños que regaron aos pementos de padrón e aos queixos de tetilla que o partido dos galeguistas serviu ao longo de todo dia aos milleiros de persoas que pasaron polas suas instalacións. Neste sentido é a primeira vez na historia do Alderdi Eguna que un partido galego ocupa un posto de referencia dentro da organización do evento.Piñeiro Docampo: “somos xa a dia de hoxe a única forza política galeguista e europeista que existe en Galicia, nin o PP que abandonou calquer tinte galeguista, nin as Mareas co seu espíritu eurófobo, representan o sentir da xente do País”

Para Compromiso por Galicia comezou unha etapa que é un desafio para o avanzo social e económico do noso País, non podemos depender dun pacto político unidireccional con Madrid, hoxe en dia a soberania é multinível, mais do 70% das leis que nos afectan no noso dia a dia son reguladas desde a UE. Neste sentido, nós somos xa a dia de hoxe a única forza política galeguista e europeista que existe en Galicia, nin o PP que abandono calquer tinte galeguista, nin as Mareas co seu espíritu eurófobo, representan o sentir da xente do País. Compromiso por Galicia somos o partido mais moderno, mentres outros falan unicamente dos seus problemas internos e outros para non falar da sua mala xestión usan a pantasma de Cataluña, nós buscamos solucións reais para os problemas da xente.