Compromiso por Galicia reuniuse este xoves coa Plataforma en defensa da ría de Vigo para compartir propostas e buscar solucións aos problemas medioambientais da ría

O número dous da lista dos galeguista por Europa na Coalición por una Europa Solidaria (CEUS), Daniel Lago, reuniuse cos representantes da Plataforma en defensa da ría de Vigo coa intención de buscar alternativas aos proxectos dos novos recheos e coñecer propostas de mellora do saneamento da cidade.
Publicado por o día 17/05/2019 na sección de Compromiso por Galicia,Galicia,Política,Vigo

Compromiso por Galicia reuniuse este xoves coa Plataforma en defensa da ría de Vigo para compartir propostas e buscar solucións aos problemas medioambientais da ría

Daniel Lago afirmou na reunión compartir os temores da Plataforma na continua necesidade da Autoridade portuaria en comer metros á ría de Vigo, unha necesidade que “debe ter un límite xa que estamos a hipotecar o futuro medioambiental, turístico, e mesmo económico da cidade de Vigo”.

Ambos colectivos cren que é preciso, antes de realizar novos recheos, reorganizar o espazo interior do propio porto, e mesmo reubicar en Parques loxísticos ou empresariais ben comunicados moitas das empresas e servizos que agora mesmo se sitúan en terreo portuario, para garantir que o espazo xa gañado ao mar estea ben aproveitado nos usos imprescindibles.

Na xuntanza tamén se tratou o problema dos niveis de contaminación na ría de Vigo debidos á falta de capacidade por parte da nova depuradora do Lagares para tratar toda a auga recollida

polos colectores da cidade nos días de choiva, polo que é preciso seguir a traballar na separación de augas pluviais e fecais, así como no uso de augas grises nas fontes ornamentais, rego de xardíns ou baldeo das rúas da cidade, minimizando o desperdicio da auga potable.

Daniel Lago mostrou tamén a disposición de Compromiso por Galicia a colaborar coa Plataforma en defensa da ría de Vigo trasladando ás súas demandas e denuncias no Congreso ou no Parlamento Europeo a través dos seu partido irmán Partido Nacionalista Vasco, co que se presentan xuntos en Coalición ás eleccións europeas.

Comentar noticia

Your email address will not be published.