Compromiso por Galicia solicita o voto da sociedade viguesa que desexe unha política para o futuro de Vigo

Por o 24/05/2019 | Sección: Compromiso por Galicia,Galicia,Política,Vigo
Compromiso por Galicia solicita o voto da sociedade viguesa que desexe unha política para o futuro de Vigo

O candidato galeguista á alcaldía de Vigo, Xoán Antonio Cortes, finalizou a campaña electoral solicitando o voto daqueles vigueses e viguesas que desexen unha política de futuro para Vigo, sen medidas espectáculo nin polémicas e desprecios entre institucións, unha política con máis visión de futuro para recuperar o liderazgo económico de toda a rexión Galicia-Norte de Portugal, creando a riqueza e emprego que logre aumentar o benestar social dos cidadáns e eviten a marcha da mocidade en busca dun futuro mellor.

Xoán Antonio Cortes é optimista na recepción da mensaxe que transmitiu Compromiso por Galicia, a pesar de competir en inferioridade de condicións cos grandes partidos, mensaxe moi ben recibida nas reunións realizadas durante toda a campaña con colectivos e asociacións, así como na boa receptividade das persoas interesadas polo programa nos repartos realizados na rúa.

O candidato galeguista agarda que a política do sentido común, traballo, cooperación, solidariedade, ideas compartidas pola inmensa maioría da sociedade viguesa, teña entrada no Concello de Vigo a través de Compromiso por Galicia.

Comentar noticia

Your email address will not be published.