Compromiso por Galicia traerá a Vigo un acto sobre pesca a nivel europeo da man do Partido Demócrata Europeo

OS GALEGUISTAS DE COMPROMISO POR GALICIA MANTIVERON UNHA XUNTAZA NA COOPERATIVA DE ARMADORES DE VIGO CO SEU PRESIDENTE, JAVIER TOUZA. 
Por o 16/05/2019 | Sección: Compromiso por Galicia,Galicia,Política,Vigo
Compromiso por Galicia traerá a Vigo un acto sobre pesca a nivel europeo da man do Partido Demócrata Europeo

OS GALEGUISTAS DE COMPROMISO POR GALICIA MANTIVERON UNHA XUNTAZA NA COOPERATIVA DE ARMADORES DE VIGO CO SEU PRESIDENTE, JAVIER TOUZA.

Os candidatos nº 1 e nº 2 da candidatura europea na lista galeguista, Juan Carlos Piñeiro e Daniel Lago, trasladaron en Arvi o anuncio da celebración no segundo semestre do ano dun acto a nivel europeo para tratar os retos que ten o futuro da pesca, principalmente o Brexit e o aumento da presión sobre os bancos de pesca que exercen países como a China.

JUAN CARLOS PIÑEIRO DOCAMPO, Nº1 DA LISTA GALEGUISTA PARA AS EUROPEAS TRASLADOU A SÚA PREOCUPACIÓN SOBRE A INCIDENCIA DO BREXIT NO SECTOR PESQUEIRO GALEGO. 

Os galeguistas traballaron a través da sua eurodiputada Izaskun Bilbao, do EAJ-PNV, varios asuntos relativos á pesca en Bruxelas e neste sentido é clara a forte conexión existente entre os intereses pesqueiros vascos e galegos.

Para Juan Carlos Piñeiro é necesario xestionar politicamente en Bruxelas os intereses galegos, cousa que nen o PP, nen o PSOE fixeran. É chegado o tempo de que as xentes de Galicia tomemos consciencia da necesidade de que os nosos intereses sexan defendidos politicamente na UE por unha forza política fortemente europeista, sensata e centrada no País.

“China e o sudeste asiático están a gañar unha guerra comercial na que os galegos xogamos con distintas regras; nós cumprimos as normas sobre descartes, paros biolóxicos, cotas, reducción de CO2, lexislacións laborais,.. outros nin teñen regras”

Daniel Lago falou na necesidade que ten a Europa de seguir defendendo no mundo o seu modelo de pesca sostible e manter as mellores condicións laborais e de seguridade para a tripulación dos pesqueiros. Incidiu tamén no mantemento das condicións de respeito medioambiental sobre as explotacións pesqueiras, nas que a UE é modelo, frente a outros lugares onde existe un total desleixo das condicións de explotación, tanto medioambientais como laborais.  

 Para o candidato, Daniel Lago: “Galicia é punteira, líder no mundo, no sector da pesca, só en Vigo e comarca xera máis de 20.000 empregos; o Brexit vai afectar duramente a un sector que nunca foi preferente para os partidos políticos con centro de decisión en Madrid, que sempre foran a Bruxelas coa pesca como moeda de cambio para negociar as axudas para a agricultura.”

Comentar noticia

Your email address will not be published.