Compromiso reclama medidas de apoio para as coidadoras de dependentes

Publicado por o día 18/10/2016 na sección de Compromiso por Galicia,Política,Vigo

Compromiso reclama medidas de apoio para as coidadoras de dependentes

O secretario xeral de Compromiso, Xoán Bascuas, alertou hoxe da situación dos coidadores e coidadoras de familiares dependentes “as grandes esquecidas dun sistema inxusto e dun goberno que as marxina” e demandou aos gobernos da Xunta e do estado que cadaquén desde as súas responsabilidades poñan fin a unha situación totalmente marxinal.

Ante a situación desta actividade altamente feminizada, con 12.000 persoas recoñecidas en Galicia pero con só un dez por cento cotizando á Seguridade Social, Bascuas reclamou que “estas persoas pasen a ser cotizantes con todos os dereitos tanto no referente a prestación por desemprego como a incapacidade temporal”.

Desde Compromiso por Galicia tamén se propón que as coidadoras “reciban a formación oportuna para unha tarefa tan importante como é a súa” e ademais que por iniciativa da administración dispoñan dun respiro frecuente nas actividades de coidado.“Non se pode falar de xustiza social nin do estado de benestar vendo a situación das coidadoras e non reaccionando con decisión”afirmou Bascuas.