Comuneiros de Cabral interpoñen nova demanda xudicial contra a Xunta Reitora da Comunidade de Montes Veciñais en Man Común de Cabral por falsear a aprobación das Contas

Publicado por o día 08/08/2014 na sección de Vigo

Comuneiros de Cabral interpoñen nova demanda xudicial contra a Xunta Reitora  da Comunidade de Montes Veciñais en Man Común de Cabral por falsear a aprobación das Contas

 Comuneiros de Cabral presentaron o 30 de xullo de 2014 demanda xudicial contra a Xunta Directiva da Comunidade de Montes Veciñais en Man Común de Cabral por falsear a aprobación de Contas.

Na Asemblea Xeral Ordinaria celebrada o 1 de xuño de 2014 como mínimo 223 comuneiros votaron en contra das Contas presentadas pola Xunta Directiva, censurando a súa xestión.

A pesar do cal o Presidente da Comunicade certificou que só votaron en contra 140 comuneiros, fronte a 183 que votaron a favor, e declarou aprobadas as súas contas, falseando o resultado da votación. Os Comuneiros denunciantes contan con gravacións audiovisuais da Asamblea, nas que apréciase claramente o resultado real da votación, así como 223 declaracións asinadas por Comuneiros que votaron en contra.

Os Comuneiros tamén denuncian gastos non xustificados por importe de 200.000 euros nun período de tres meses, e un desfase de tesourería que ascende a 40.263,40 euros, que a Xunta Directiva négase a explicar e para cuxa aclaración os comuneiros vense obrigados a acudir ao auxilio xudicial.

Esta é a segunda demanda xudicial de impugnación de Contas que os comuneiros interpoñen contra a Xunta Directiva, tramitándose a primeira no Xulgado de Primeira Instancia núm. 10 e esta segunda no Xulgado de Primeira Instancia núm. 3 de Vigo.

Ademais, a Fiscalía de Vigo denunciou ao Presidente da Comunidade de Montes Veciñais de Cabral por apropiación indebida e xestión desleal, tramitada no Xulgado de Instrución núm. 8 de Vigo.

Os Comuneiros consideran que a situación do Presidente da Xunta Directiva, cercado por accións xudiciais e carente do apio dos veciños, resulta insostible. E que a única razón pola que se aferra ao cargo son os seus intereses e compromisos na promoción de PORTO CABRAL, xerando unha crise sen precedentes na Comunidade e poñendo en perigo a preservación do patrimonio comunal.

PRENSA ESQUERDA UNIDA GALICIA