O comunicado de Adif e Renfe conxuntamente

Os Comites de RENFE e ADIF da provincia de Pontevedra, tendo coñecemento do grave accidente ocorrido en O Porriño co tren 420 Vigo-O Porto
Publicado por o día 09/09/2016 na sección de Vigo

O comunicado de Adif e Renfe conxuntamente

Os Comites de RENFE e ADIF da provincia de Pontevedra, tendo coñecemento do grave accidente ocorrido en O Porriño co tren 420 Vigo-O Porto, onde faleceron, entre outros, 2 compañeiros ferroviarios (maquinista Portugués e interventor de Vigo) e o fillo doutro compañeiro interventor de Vigo, mostramos a nosa dor, a nosa solidariedade e as nosas condolencias coas victimas, feridos e familiares, especialmente cos nosos compañeiros ferroviarios.

Asistimos a un novo día tráxico para o ferrocarril galego e para a sociedade en xeral. Esperamos que se poñan todos os medios para esclarecer as causas do accidente, co fin de evitar que se repitan estes desgraciados sucesos, porque desde os Comités de Empresa de RENFE e ADIF seguimos defendendo un ferrocarril público, seguro e de calidade.

Facemos un chamamento a todo o colectivo ferroviario e á cidadanía de Vigo en xeral, a mostrar a súa pesar e solidariedade mañá SABADO ás 11:30 na estación de Vigo-Guixar, onde nos reuniremos para gardar 5 minutos de silencio en memoria das vítimas.

Adif habilita un teléfono de información para os familiares do accidente do Porriño 900 101 020.

Fotos do tráxico accidente