Comunicado de Alternativa Canguesa de Esquerdas

Por o 24/09/2016 | Sección: ACE,Cangas,Galicia,Política,Vigo
Comunicado de Alternativa Canguesa de Esquerdas

Diante da difusión de que onte día 22 de setembro o compañeiro e concelleiro Andrés García Bastón acudira a declarar no xulgado nº 1 de Cangas, o grupo municipal  de Alternativa Canguesa de Esquerdas quere facer as seguintes manifestacións públicas:

1.- Desmentimos rotundamente que o compañeiro acudise aos xulgados a prestar declaración ignorando cal foi a fonte interesada en difundir tal inexacta noticia.

2.- Non estamos só diante dunha noticia incerta senón de algo moito máis grave: a instrumentalización da información a través da axencia Efe , dos corpos policiais do Estado e das institucións xudiciais para facer máis eficaz a campaña mediática do Ministro do Interior que persigue dous obxectivos fundamentais:

a) A aplicación da criminal “Lei Mordaza” do ministro franquista Fernández Díez, de quén a Corporación municipal de Cangas xa esixiu en Pleno a súa dimisión, que pretende criminalizar á mocidade máis consciente mentres os seus amigos da extrema dereita gozan de total impunidade.

b) A utilización desta noticia e deste proceso político ten como obxectivo prexudicar electoralmente a formación política que máis opcións ten de derrotar as políticas criminais e antisociais do PP, de feito só un idiota pode ignorar que a noticia da pretendida comparecencia do compañeiro Andrés García prodúcese o día 23 a dous días da votación do día 25 é produto dunha operación apadriñada polo Goebbels-Fdez. Díez.

Insistimos en que todo isto é unha patraña, o feito de que xurda esta noticia agora ten como obxectivo prexudicar aos que non agachamos a cabeza diante da dereita.

Só engadir que a mellor resposta a esta escalada neofascista é non votar ao PP o domingo 25.