A Coordinadora Estatal pola Defensa do Sistema Público de Pensións como movemento social xurdido á calor das reivindicacións do pobo contra os ataques sistemáticos a este alicerce básico do estado de benestar, o sistema público de pensións, non pode quedar allea aos acontecementos políticos, sociais e económicos que están a suceder nos últimos tempos no país e menos se afectan directa ou indirectamente ao problema das pensións.
Estimamos que a moción de censura contra o goberno do Partido Popular, apoiada pola maioría do parlamento, coa consecuente investidura do candidato do Partido Socialista, é un logro indubidable, posto que o PP, coas súas políticas antipopulares e a corrupción sistemática, arruinou económica e politicamente este país e o que se lles vaia apartando das máis altas institucións do estado abre un horizonte de esperanza.
Ante todo iso manifestamos :
Que efectivamente se abriu un novo camiño, que afrontamos con ilusión pero con cautela á súa vez, xa que, o goberno que xurda diso non terá o suficiente apoio parlamentario para acometer unha verdadeira política transformadora e construír unha sociedade máis xusta que poida acabar coa precariedade.
Que as nosas reivindicacións seguen intactas, máxime tendo en conta que proximamente se procederá no Senado ao trámite da aprobación dos Orzamentos Xerais do Estado para 2018, aqueles que, nacidos da negociación PP-PNV coa aquiescencia de C, s, son profundamente antisociais e profundan considerablemente na brecha da desigualdade. Aqueles que só pretenden concedernos unhas migallas, que en ningún caso, son un agasallo senón froito da nosa mobilización e cun escuro obxecto electoralista e a intención de dividirnos e desmovilizarnos.
Que ante tal panorama NON renunciamos á necesidade de seguir na loita, de continuar coas mobilizacións, xa que como comprobamos, é o camiño correcto para facernos oír e alcanzar as nosas xustas reivindicacións. E por iso, hoxe máis que nunca, as persoas e colectivos integrados na Coordinadora Estatal pola Defensa do Sistema Publico de Pensións senten representados no lema: “Goberne quen goberne, as pensións deféndense”.
Seguiremos alerta, demandando a nosa táboa reivindicativa e hoxe insistimos novamente en pedir un diálogo directo, cara a cara, para chegar a acordos; un diá logo onde a Coordinadora, sen dúbida, debe estar presente en igualdade de condicións.
Seguiremos nas rúas para loitar, xunto a outros colectivos, polos Dereitos e Liberdades de hoxe e de mañ ana, os nosos e os dos nosos [email protected] s e [email protected]
GOBERNE QUEN GOBERNE, AS PENSIÓNS DEFÉNDENSE.
Noticias de última hora en Vigo. Te contamos todo lo que sucede en nuestra ciudad. Desde los sucesos más relevantes hasta artículos de opinión y de interés.