Comunicado de Coalición Son polo dereito a autodeterminación

Publicado por o día 29/09/2017 na sección de Galicia,Política,Pontevedra

Comunicado de Coalición Son polo dereito a autodeterminación

Perante aos últimos acontecementos en Catalunya, o deputado provincial Xosé Lois Jácome quere condenar rotundamente o uso da forza por parte do Estado español para reprimir a democracia e o dereito a voto.

“Manifestamos a nosa repulsa ás ameazas de sancións e cárcere ao funcionariado, voluntariado e alcaldías, actos que só fomentan o discurso do odio en detrimento da democracia e a liberdade; actos, en todo caso, que só intentan darlle respiración asistida a un réxime do 78 imposto no seu día con ruído de sables e que é incapaz de abandonar as súas costumes autoritarias”.

Observamos un avance firme do autoritarismo avalado polos herdeiros dos que impuxeron as normas constituíntes desta democracia representativa; na que se veta o diálogo, a participación e sobre todo as ideas que non casan coas da clase dominante, esa, que non precisa presentarse ás eleccións para ter o verdadeiro poder no Estado.

Por iso, a Coalición Son dende a Deputación de Pontevedra quere manifestar o apoio ó dereito de autodeterminación non só do pobo catalán o día 1 de outubro, senón de calquera pobo que así o decida libremente.

Afirmamos rotundamente que non é posíbel a existencia dun Estado no que as súas partes sexan obrigadas a permanecer unidas pola forza, e que non hai tema algún que non poida ser debatido politicamente. A estrutura do Estado español nin é sagrada nin é irrevogable, a existencia de España non é máis que unha construción política, o seu cuestionamento non pode ter outra resposta que non sexa a política.

O pobo Catalán está a dar unha lección de democracia a todo o Estado español.