Comunicado da área de Feminismo de En Marea perante o novo caso de violencia machista na Coruña

Un novo caso de violencia machista en Galicia
Publicado por o día 22/08/2017 na sección de En Marea,Política

Comunicado da área de Feminismo de En Marea perante o novo caso de violencia machista na Coruña

Comunicado da área de Feminismo de En Marea perante o novo caso de violencia machista na Coruña.

Un novo caso de violencia machista en Galicia: A pasada madrugada, unha muller de 73 anos era “presuntamente” asasinada polo seu xenro que, tralo asasinato, colleu á crianza, de 21 meses coa intención de fugarse (tiña mercados xa billetes de avión). Agora está á espera de pasar a disposición xudicial.

Estes feitos, poñen unha vez máis de manifesto unha realidade que dende a área de feminismo de En Marea sinalamos xa en outras ocasións: o alcance da violencia machista non remata na muller agredida ou asasinada: as crianzas son vítimas da violencia machista. Violencia directa e indirecta: ben por ser elas as agredidas ou ben porque se agrede á súa nai, á súa avoa, etc. Os maltratadores NON son bos pais e o machismo MATA, tamén en verán.
A dramática situación de Juana Rivas que continúa en paradoiro descoñecido tras negarse a entregarlle ás súas crianzas ao home que a maltratou é outro exemplo ben recente desta terrible situación que viven as crianzas que sofren violencia machista.

Dende En Marea, unha vez máis, denunciamos a ineficacia das políticas de prevención contra as violencias machistas, ao carecer en moitas ocasións dos medios e recursos precisos para facerlle fronte: non é de recibo que os xulgados específicos teñan que pechar en verán por non ter capacidade orzamentaria, non é de recibo que haxa centros dependentes da administración autonómica en última instancia como son os Centros de Información Ás Mulleres onde nalgúns deles non se cumpren os requisitos fixados normativamente a través do decreto (Decreto 130/2016, de 15 de setembro, polo que se establecen os requisitos e o procedemento para o recoñecemento e acreditación dos centros de información á muller…) , por exemplo, ao non contar co persoal mínimo requerido…
Non hai descanso nin estío para o machismo, por iso nós tampouco cesaremos na sensibilización, a loita, a denuncia. Querémonos vivas!!.