Comunicado da Asociación Galega para a Defensa da Sanidade Pública ante a convocatoria electoral en Galicia o próximo día 12 de xullo

Publicado por o día 20/05/2020 na sección de Salud,Sanidad,Social

Comunicado da Asociación Galega para a Defensa da Sanidade Pública ante a convocatoria electoral en Galicia o próximo día 12 de xullo

Ante a convocatoria electoral en Galicia o próximo día 12 de xullo, desde a Asociación Galega para a Defensa da Sanidade Pública (AGDSP) queremos comunica o seguinte:

Feijoo antepon seus intereses electorais sobre a saude da poboacion

1.- Resulta preocupante unha convocatoria electoral, nun momento de gran incerteza sanitaria e social, cando aínda non foi levantado o estado de Emerxencia Sanitaria en Galicia e o de Alerta Sanitaria no estado español… e segue habendo novos casos de contaxiadxs e falecidxs.

2.- É máis que sospeitoso, que esta convocatoria se realice nunha semana na que as autoridades deben decidir se Galicia pasa á Fase 2 da pandemia e que coincida, curiosamente, cun esborralle repentino dos casos activos na comunidade, tanto no de positivos por PCR, como no acumulado de hospitalizados (331 casos).

3.- Consideramos que abrir unha campaña electoral, cos lóxicos enfrontamentos políticos, supón debilitar o esforzo unitario que deberían realizar todas as forzas política, axentes sociais e poboación, para recuperar o País dunha crise sen precedentes e con tantas repercusións, sanitarias, sociais e económicas.

4.- A convocatoria dun proceso electoral, precisa mobilizar unha gran cantidade de recursos humanos e económicos, para que teñan garantías democráticas. A convocatoria incrementará o risco de novos contagios entre a poboación que acudirá a votar, membros das mesas, compromisarios e forzas da orde, que garantan un proceso electoral limpo. Tamén afectará xs traballadorxs que se encargan do voto por correo…

5.- Non son aceptables, unhas eleccións sen unha campaña electoral que permita celebrar múltiples reunións, debates, mitins e actos sociais. Estas actividades, poden poñer en risco a saúde das persoas participantes. A ausencia de actos electorais supón unha vantaxe para o actual goberno do PP e para o sr. Feijoo, que terá vía libre para acaparar a atención nos medios de comunicación. A paralización da actividade parlamentaria xa lle esta permitindo a Nuñez Feijoo acaparar todo o protagonismo mediático, con referencia expresa a Compañía da RTVG, a que manipula o seu antroxo e impide o acceso a oposición.

6.- A epidemia do coronavirus, tivo unha enorme repercusión sobre a sociedade, a economía, a saúde, especialmente nas Residencias de Maiores que presentaron cifras de mortalidade moi importantes deb ido o cambio de modelo do sr. Feijoo. É necesario e urxente, comenzar a reconstruír uns servizos como os daeAtención Primaria, moi debilitados polos recortes, contando coa colaboración e implicación de todas as forzas sociais, algo incompatible cunha convocatoria electoral.

Desde a AGDSP, esiximos o aprazamento electoral e o inicio dun esforzo unitario de reconstrución económica e sanitaria que implique a toda a sociedade galega. E que a nova convocatoria, teña o respaldo de todalas forzas políticas.

Comentar noticia

Your email address will not be published.