Comunicado da Asociación Galega para a Defensa da Sanidade Pública ante a situacion Atención Primaria Galicia

Publicado por o día 24/08/2020 na sección de Galicia,Salud,Sanidad

Comunicado da Asociación Galega para a Defensa da Sanidade Pública ante a situacion Atención Primaria Galicia

Antes da pandemia por coronavirus, a Atención Primaria (AP) atravesaba por unha profunda crise, debida aos recortes efectuados polos gobernos do PP e as barreiras de acceso a primeiras consultas e a probas diagnósticas; o atraso inxustificado das intervencións cirúrxicas; a falta de profesionais; ou o sometemento de moitas actividades aos intereses dos hospitais.

Durante a pandemia da COVID-19, a AP demostrou a importancia de contar cun nivel asistencial universal, próximo á poboación e coñecedor do historial de saúde de persoas, familias e comunidades. A Atención Primaria diagnosticou e tratou a enfermxs da COVID-19 de pouca gravidade nos seus domicilios (evitando o colapso dos hospitais públicos, moi recortados pola Xunta do PP).

Esta situación, abriu a esperanza de que ó restablecemento da normalidade, supuxese un impulso á reforma e mellora da AP, pero a realidade é ben distinta:

• Moitos centros non permitan as consultas presenciais dxs pacientes.

• Aténdense a maior parte consultas por teléfono (con listas de espera para a mesma), mentres que moitas persoas e lugares non ten acceso a Internet.

• Nalguns centros non se permite a entrada de pacientes tendo que facer cola na rúa.

• Non hai libre acceso ás probas diagnosticas da COVID (mentres se pretende realizar screening a máis de 60.000 persoas, que xa se demostrou que non vale para nada……).

• A Xunta, atribúelle a responsabilidade do rastrexo de contactos de infectadxs a AP, pero non lle da medios nin recursos. Hai problemas de coordinación cos servizos de Saúde Pública e Mediciña Preventiva na loita contra a pandemia.

• A AP non ten recursos nin tempo para poder atender ás persoas nas Residencias de Maiores (marxinadas polo sistema sanitario), pola non substitución dxs profesionais de baixa o de vacacions e unhas consultas masificadas con 30-40-50 pacientes diarios

Esta situación representa un risco para a saúde do conxunto da poboación, xera preocupación e malestar social, favorece as consultas privadas (onde parece que non hai restricións por COVID) e marxina a poboación do rural, as persoas maiores ou as de menor nivel socioeconómico.

Se isto non cambia á nova realidade sanitaria post-pandemia, suporá mais deterioro para a Atención Primaria, que manterá os recortes, será menos accesible e seguira subordinada ao nivel hospitalario.

Parece necesario unha nova mobilización social e profesional para evitar o deterioro irreversible da Atención Primaria Pública.

Comentar noticia

Your email address will not be published.