Comunicado da Asociación “Platataforma traballadores mineiros Touro – O Pino”

Publicado por o día 12/11/2019 na sección de Social

Comunicado da Asociación “Platataforma traballadores mineiros Touro – O Pino”

En relación ás últimas informacións publicadas sobre a petición por parte de diferentes plataformas antimina á Eurocámara dunha visita de investigación á mina de Touro, dende a Asociación de Traballadores Mineiros de Touro e O Pino queremos reiterar a nosa postura de total respecto e compromiso co noso traballo e, por suposto, co noso entorno.

Defendemos un proxecto, o Proxecto Touro, construído dende o total respecto medioambiental e que cumpre estritamente con toda a normativa europea en materia medioambiental, así como a esixente normativa española. Porque nos somos os primeiros interesados en que así sexa. Defendemos o noso traballo, levado a cabo do mellor xeito e da única maneira que entendemos posible, con excelencia e total rigorosidade.

Defendemos, ademais, un proxecto que, en todo este contexto de emerxencia industrial, supón unha oportunidade para frear a desindustrialización de Galicia, xa que creará máis de 400 empregos directos, e que se levará a cabo nunha comarca (con tradición mineira e industrial) que actualmente se atopa nunha situación de declive.

Así, ante o empeño das diferentes plataformas antimina por ensombrecer a imaxe de todo o  sector mineiro e industrial, os mineiros defendemos a nosa profesión e a dignidade do noso, dende o absoluto respecto polo noso entorno.

A pesar de que todos estes colectivos intentan “demonizar” un proxecto que, como ben dixo a Comisión Europea, está sendo aínda avaliado pola autoridade competente, todos os proxectos que forman parte da proposta técnica da empresa son públicos, e os membros da Eurocámara poden vir a coñecelos de primeira man se o consideran oportuno, xa que entendemos que a empresa que promove a reactivación de la produción de cobre en la mina activa en Touro y O Pino estará á súa total disposición.