Comunicado da Plataforma Auga é Vida

Por o 07/06/2019 | Sección: Galicia,Mos
Comunicado da Plataforma Auga é Vida
Compartir en:

A Plataforma “Auga é Vida” emite este comunicado para desmentir rotundamente as falsas acusacións do Partido Popular de Mos coas que intentan incriminarnos nesa suposta trama delictiva dunha estafa masiva con recibos falsos ás veciñas e veciños de Mos. Gostarianos que o Partido Popular con Nidia Arévalo ao fronte retirará esas falsas acusacións sobre nós pero sabemos que non son froito dun erro senon que estan feitas con aviesa intención para desprestixiar á nosa plataforma.

Negamos rotundamente calquera vinculación con esa suposta trama delictiva e denunciamos a montaxe do Partido Popular,  quen non ten escrúpulos en manipular a información para unha vez máis atacar á nosa plataforma e ás veciñas e veciños que a integran polo única condición de que defendemos o monte e a auga e nos opoñemos ao seu pelotazo urbanístico.

Como plataforma e mesmo como veciños só coñecemos esta suposta trama delictiva polas declaracións de Nidia Arévalo aparecidas na prensa. O único que coñecemos das supostas facturas falsas son as fotocopias que repartiu Nidia Arévalo xa que a ningún de nós nen a ningún dos nosos comuneiros chegoulle unha carta orixinal dese envío masivo que anunciou Arévalo que se estaba efectuando.

A plataforma non ten constancia de ningúnha información,  comunicado nin requerimiento das forzas policiais, da xustiza,  do servizo postal nin da Xunta electoral que poidera esclarecer todo este oscuro asunto.

Agardamos que este asunto este en mans da xustiza e que esclarezca canto antes este asunto. Agardamos que o Partido Popular con Nidia Arévalo como voceira sexa quen de pedirnos públicamente desculpas cando esto se esclarezca, desde logo nos así se as esixiremos.

Comentar noticia

Your email address will not be published.