Comunicado da plataforma O Monte Non Se Vende ante o que esta pasando en Cabral

Publicado por o día 20/11/2019 na sección de Galicia,Social,Vigo

Comunicado da plataforma O Monte Non Se Vende ante o que esta pasando en Cabral

Comunicado integro da Plataforma O Monte Non Se Vende.

Xunta directiva da Comunidade de Montes de Cabral.

⇒ Quiso meter unha operación como PORTOCABRAL pola porta datrás nunha Asemblea que non correspondía.

⇒ Esta xunta directiva perdeu unha votación en urna , donde os Comuneiros de Cabral dixeron NON A PORTOCABRAL.

⇒ Aínda así , e despois de perder a votación, os promotores de Portocabral: EUROFUND, gastaron miles e miles de euros en campañas publicitarias, vendéndonos as bondades deste gran centro comercial e de ocio, xa que crearía miles de postos de traballo en Cabral.

⇒ A xunta directiva sen autorización dos Comuneiros, lanzase a recoller sinaturas a favor de Portocabral, para presentar na Xunta e que esta aprobase esta operación como de importancia para a creacción de postos de traballo. Xa sabemos como rematou o das sinaturas. Cousa que esta xunta directiva aínda non deu explicacións.

⇒ Nestes meses a xunta directiva da comunidade de montes de Cabral co seu Sr,Presidente ao frente están a amenazar e chantaxear a moitos veciños, acusándonos de ocupar terrenos do monte comunal (cousa falsa), incluso a moitos xa lles enviou burofaxes informandolles que os vai expulsar de Comuneiros, curioso que o 100% destes veciños non comulgan coa liña de actuación deste presidente.

O Documento

⇒ Pero este Presidente en vez de apaciguar a parroquia, falar as cousas e sobre todo defender os postos de traballo xa existentes, meses aca tamén está a amenazar a numerosas empresas da zona, acusándonas tamén de ocupar terrenos do monte comunal (todas teñen documentación que demostran a súa lexitimidade).

En fin vostedes xulguen as actuacións desta Xunta Directiva, aos da casa tratámolos a paus, coa incertidumbre para estas pequenas empresas e autónomos de que ao final de mes hai que facturar para comer e dar de comer aos empregados e proveedores. E aos fondos de inversión buitre queremos a pouco máis regalarlles os terrenos e todo tipo de prevendas.

Xa non imos entrar noutras moitas actuacións desta xunta directiva: censo de comuneiros manipulado e inflado; negarlle a máis de 100 familias o dereito a ser comuneiras despois de anos solicitándono; denuncian a aqueles veciños que publican as verdades na prensa afín incluso a eles; fai recheos, muros, tallas ilegais;  fai operacións de escándalo con inmobiliarias e empresas amigas; os acordos como os do Aeroclub outra auténtica trapallada… etc.

Enfín, nestes días esta xunta directiva deuselles por entrar en fincas privadas e a tallar as árbores e todo que por diante atopaban, incluso provocando aos auténticos propietarios.

PEDIMOS A SOLIDARIDADE DE TODOS E TODAS PARA ACUDIR ESTE DOMINGO A CONCENTRACIÓN NO IFEVI.

A próxima convocatoria

O post en facebook do comunicado

xunta directiva da Comunidade de Montes de Cabral,* Quiso meter unha operación como PORTOCABRAL pola porta datrás…

Publicada por O Monte Non Se Vende en Miércoles, 20 de noviembre de 2019

Comentar noticia

Your email address will not be published.