Comunicado da Plataforma pola defensa da Ría de Vigo reiterando o seu rotundo NON aos futuros recheos

Por o 12/06/2019 | Sección: Galicia,Social,Vigo
Comunicado da Plataforma pola defensa da Ría de Vigo reiterando o seu rotundo NON aos futuros recheos
Compartir en:

A superficie portuaria de Vigo gañada ao mar, SO NA FRONTE COSTEIRA DO CONCELLO DE VIGO, recheando ocupando lámina de auga e praias, supón a día de hoxe uns 3.200.000 de metros cadrados, que si estivesen dedicadas totalmente á actividade portuaria, serían mais que suficientes. Polo tanto non e razonable que se pretenda seguir aterrando a ría, da que se eliminaron os mellores bancos marisqueiro, pesqueiros e mesmo areais.

Para a mellora da competitividade do porto compre axilizar e potenciar a PLISAN, así como unha aposta decidida e prioritaria de dotar a toda a plataforma portuaria e establecer unha liña de ferrocarril que faga áxil o nivel de transito de mercadorías necesario para o desenrolo do tecido industrial da provincia de Pontevedra. Este sistema ferroviario ten que estar correctamente conectado co porto de Vigo – PLISAN, pero tamén co resto dos polígonos industriais do interior da provincia e Ourense, (mellora do trazado actual paralelo ao Miño), potenciando así, non só o desenvolvemento económico e os postos de traballo, senón tamén un uso racional e sustentable dos nosos recursos naturais.

A proposta de aterramento de 65.000 m², en Bouzas e outra no Areal de 50.000 m2, e unha practica depredadora que considerabamos superada, pero lamentablemente a os responsables da Autoridade Portuaria, so lles preocupa encher os petos dos seus adlateres, enterrar lamina de auga e privatizar terreos de Dominio Público Marítimo Terrestre, aínda que iso supoña destrucción na ría e na súa diversidade.

Xa temos manifestado en múltiples ocasións que a nosa organización xamáis se oporá ao progreso sustentable pero que sí a calqueira recheo sobre a lámina de auga da ría de Vigo e o seu ámbito litoral. Precisase liberar espazo na plataforma portuaria, desplazando industrias e actividades que nada teñen a cun porto ou que perfectamente se poden instalar en poligonos industriais. Tentaremos evitar que os terreos gañados a ría pasen a mans pribadas con fins lucrativos de zonas públicas, como sucedeu no pasado, como por exemplo os da Praza de Compostela, o seu fronte ata a ría ou Beira mar.

Temos aportado solucións para participar dese progreso propoñendo o desenvolvemento total da Plisan para que funcione como un porto seco tal como foi concebido e que se dote dunha liña ferroviaria que conecte co porto de Vigo os polígonos industriais do interior para darlle a axilidade que precisa no tránsito de mercadorías. Esta si é unha actuación prioritaria e de futuro para o porto de Vigo.

Non podemos esquecer a perda dos mellores bancos marisqueiros da ría desaparecidos polos recheos en todo o vorde litorala da ría, dos millares de postos de traballo desaparecidos por mor do progreso desatinado de converter o mar nun almacén ou polígono industrial. Segue na nosa memoria o motivo polo que se creou esta plataforma:

PETROVIGO. Imaxinemos por un momento que nós non existisemos e que se levase a cabo esta mortífera instalación na ría de Vigo. É por iso que estamos obrigados a denunciar e condear públicamente este tipo de proxectos que arruinan o futuro da humanidade.

A plataforma pola defensa da ría de Vigo Cíes amosamos o noso rexeitamento a calquera aterrado que a Autoridade Portuaria proxecte facer, e suporía a volta aos aterramentos na ría pois afectaría os recursos mariños, postos de traballo en pesca e marisqueo, turismo, calidade de vida e a alteración na configuración natural da mesma.

Comentar noticia

Your email address will not be published.