Comunicado desde Feminismos Unitario Vigo

Diferentes colectivos e individualidades feministas e do sindicalismo de clase en Vigo condenamos todo tipo de agresións machistas, en calquera espazo; e tamén ás organizacións sociais e políticas que, en troques de asumir a súa responsabilidade na erradicación das violencias patriarcais, só ofrecen silenciamento e humillación á vítima, e complicidade e cobertura ao agresor. Este modus operandi significa que as organizacións promoven, avalan e perpetúan as violencias machistas e o sistema heteropatriarcal. Por isto, esiximos que as organizacións sociais e políticas que conscientemente actuaron dende a inoperancia e o secretismo, e na que ademais está integrado e incluso ostenta un cargo público e orgánico o maltratador rectifiquen as súas ameazas e deixen de victimizalo.

O feminismo non é un slogan. As organizacións que se nomean como feministas teñen dúas opcións: aplicalo nas súas estruturas e practicalo ou deixar de denominarse como tal.

Logo de ler os comunicados tanto do propio maltratador, do seu partido e na propia prensa publicados nos últimos días en redes sociais e noutros medios a respeito de liberarse da denuncia e do xuízo que está en marcha máis ameazando e victimizando ao denunciado, vemos necesario lanzar todo o noso apoio á compañeira Sara Outeiral Cameán, nós crémoste! Ningunha muller pasaría por todo este proceso porque “lle apetece”.

Hai que repensar as agresións machistas que se sofren en diferentes organizacións da esquerda “revolucionaria”, sentimos a necesidade de nos situar ao seu carón e dar unha resposta como colectivo á súa denuncia porque nos identificamos coas súas palabras e queremos darlle todo o noso apoio. Ademais, queremos facer notar que os feitos máis comentados en redes sociais non é un
caso illado e puntual nin é exclusivo dunha organización concreta. Sabemos por experiencia que en todas as organizacións mixtas hai casos de agresións machistas. A publicación da nosa resposta non foi inmediata porque queriamos tomarnos o tempo para meditar, para falar coa compañeira exposta e entre nós coma activistas feministas que somos.

Ao longo dos anos temos vivido (e coñecido) ataques sexistas por parte de militantes da esquerda: como parella, como compañeiras de organización, como rede de amizade e nos espazos de lecer. Recoñecemos tamén que en máis dunha ocasión non fomos quen de afrontarmos colectivamente estas situacións. Sabemos que hai máis persoas que as denunciadas publicamente que practican a
violencia contra as mulleres nos movementos da esquerda: violencia psicolóxica, sexual, física, institucional… hai máis experiencias e casos na sombra de silencio e conivencia das organizacións e colectivos que se din de esquerdas. Os feitos que coñecemos nos últimos días son só unha pinga máis nun vaso que rebordou.

É por iso que queremos dar resposta, porque se hai casos de violencia machista que persisten durante anos, é evidente que é precisa unha mudanza de estratexias, feitos, prácticas… unha verdadeira mudanza na esquerda. Até o de agora todas as accións e medidas tomadas fan que sexan as mulleres as que desaparecen do mapa como resultado da violencia machista; son medidas que non rompen coa lóxica patriarcal. É a mesma lóxica das medidas que criticamos cando son tomadas por estados, gobernos, empresas e partidos que cualificamos de hipócritas nos seus
posicionamentos propagandísticos en relación ao terrorismo machista.

As accións e protocolos que se fan en diversas organizacións da esquerda autodenominada antipatriarcal na maioría das ocasións non funcionan porque nin garanten mudanzas reais de actitude nin respectan as vontades e as necesidades das persoas que denuncian agresión sexistas. Por que os homes que exerceron a violencia manteñen a súa membresía/as súas posicións/o seu poder de decisión dentro das organizacións ou son trasladados a cargos de poder de organizacións afíns e as mulleres agredidas desaparecemos dos espazos militantes/das áreas de socialización e lecer/dos nosos barrios, vilas ou aldeas? Que se está a reproducir?

Ben, na nosa opinión, fica unha mensaxe moi clara: que unha vez máis somos as mulleres as que temos o problema, aquelas que temos que ser castigadas e culpadas. Como feministas sabemos que o problema non é a seguridade das mulleres, senón as posicións de poder e, nomeadamente, de poder patriarcal que se exercen para agredir. Sabemos que o problema non é a sub-representación
feminina, senón a super-representación masculina patriarcal. Sabemos que o problema non é o que vai pasar se se sabe senón que pasará se non se sabe. Se non nos facemos responsables das actitudes e da violencia sexista, e rexeitamos adoptar formas de funcionamento para erradicala nas organizacións, estamos condenadas a que se repitan.

O eco da pedra picada ao longo dos anos polos feminismos resoa nas nosas vidas e quen formamos parte de Feminismo Unitario de Vigo non podemos nin queremos ficar alleas e caladas. A denuncia pública das agresións dentro dos colectivos e organizacións da esquerda é un sinal do traballo realizado polo feminismo e fai que, por sorte, nos movementos de esquerda non todo continúe como se nada pasara.

Agora que a orde patriarcal abanea, máis que nunca, sabemos que nada vai cambiar se non mudamos as nosas vidas porque o persoal é político e o momento é agora. É o momento de non adiar a eliminación da violencia machista dentro dos espazos de loita que din querer reverter todo. Porque estamos a loitar por construír o novo, e se no momento da verdade non deixamos caer as vellas prácticas que ten realmente de novo?

Ademais, non só queremos centrarnos nestas evidencias senón como a prensa vitimizou ao maltratador sen nin sequera asegurarse de que a súa información era a acertada, unha linguaxe sexista que nos atopamos en moitos casos dunha forma delirante. Pedímoslle aos medios que se informen, xa que se trata de casos moi delicados, e se formen en violencia machista para así poder dar a
información coma corresponde.

Tamén repensar o eido xudicial patriarcal ao que nos someten e á propia sociedade.

A falta de ferramentas para xestionar correctamente as agresións machistas convirte ás organizacións nunha centrifugadora que acaba ferindo a un gran número de mulleres. Non só das propias organizacións senón tamén do movemento popular que se pretende construír.

Por todo isto esiximos:

● Un profundo debate na denominada esquerda revolucionaria e antipatriarcal da xestión, tanto interna como externa, das agresións sexistas..
● Rectificación dos diferentes colectivos e prensa das calumnias sobre a compañeira.
● Que a prensa utilice unha linguaxe acaída e se forme en violencia machista.
● A dimisión do maltratador do seu cargo público e orgánico.
● Que se dispoñan os mecanismos necesarios para asegurar que non volverá agredir.
● Que diante dunha agresión sexista se tomen as medidas necesarias para protexer política e persoalmente a quen recibiu a agresión e non ao agresor.
● Basta de ameazas!

Agradecemos a sinceridade e coraxe da vítima e loitadora que denunciou a
agresión machista dentro das organizacións e colectivos sociais. Agardamos facer
abalar a impunidade patriarcal dentro dos espazos de loita. Esperamos que outras
mulleres sexan chamadas a romper o silencio ou se animen a facer o que consideren
que é o máis acaído e o que realmente queren. Agardamos que se inicie un debate
aberto e sincero nas organizacións da esquerda co obxectivo de adoptar novas
formas e estratexias que teñan como obxectivo facer que estas sexan realmente
espazos libres de violencia machista.

Finalmente, animamos a todas as mulleres que estean en situación de
violencia sexista a emprender as accións que consideren necesarias e, de ser
necesario, facelas públicas. Pero sobre todo, que non teñan medo de superar o
sentimento de culpa e a atopar as forzas necesarias para afrontar e transformar a
sociedade patriarcal na que vivimos. Non estás soa irmá, nós crémoste!

Primeiros movementos, sindicatos… asinantes:

Feminismo Unitario Vigo
Mulheres Nacionalistas Galegas
Plataforma Feminista Galega Vigo
Mulleres en Movemento
Abrir Fenda
Secretaría da Muller da UC Vigo de CCOO
ASC As da Industria
CNT-Vigo
Anticapitalistas Galiza
Nós Mesmas
MMM CL Vigo

Primeiras asinantes:

Susana Álvarez Rodríguez
Raquel Crespo Castro
Marta Gomez Vila
Nuria Andión Rodríguez
Carmen Ariza Cabrera
M Sabela Landin Estévez
Tamara Pedrosa Rendo
Isabel Navarro Pino
Maria Isabel Gonzalez Muñoz
Cristal Caride Da Silva
Verónica Pereiras Loureiro
Noemí Silva Álvarez
Rebeca Martínez Gándara
Jessica Fernández Alonso
Paloma Alonso Pérez
Sabela Alonso Bustabad
Sofía Pérez Riesco
Isolda Comesaña Alcaraz
Naiara Fraga Fernández
Natalia Pérez Riesco
María Dolores Bustabad Fernández
Roberta Mattia
Montse Gil
María Dolores Bustabad Fernández
María Eugenia Veira Millarengo

Animamos a máis movementos, sindicatos, feministas… que asinen ou difundan este comunicado, repetimos, nós crémoste!

Noticias de última hora en Vigo. Te contamos todo lo que sucede en nuestra ciudad. Desde los sucesos más relevantes hasta artículos de opinión y de interés.

SIGUENOS EN TELEGRAM