- Este resultado, constata unha maioría soberanista clara, reforzada por unha participación histórica que debe obrigar ao goberno español a rectificar e facilitar a única saída posíbel a este conflito: o recoñecemento do carácter plurinacional do estado, é o dereito de autodeterminación das nacións que o conforman para a exercer a súa soberanía e poder decidir libremente o seu futuro.
- O BNG sempre defendeu que o acontecía en Cataluña era un conflito político que só se pode resolver pola vía política e nunca pola vía xudicial e policial. Nin as porras, nin a inxusta cadea, nin a aplicación do 155 foron quen de dobregar a vontade maioritaria dun pobo. Pola contra, o resultado do Partido Popular como resuidual séptima forza política no Parlament é mellor reflexo do resultado das súas políticas.
- Hoxe en Cataluña, gañou a Democracia e a liberdade. Nese sentido, desde o BNG non só parabenizamos ás forzas soberanistas de Catalunya, senón que parabenizamos ao conxunto do pobo catalán.
Noticias de última hora en Vigo. Te contamos todo lo que sucede en nuestra ciudad. Desde los sucesos más relevantes hasta artículos de opinión y de interés.