Comunicado do colectivo Enfermeiras Eventuais en Loita

Publicado por o día 07/09/2019 na sección de Sanidad,Social

Comunicado do colectivo Enfermeiras Eventuais en Loita

Dende o colectivo Enfermeiras  Eventuais en Loita, anunciamos novamente unha mobilización seguindo co movemento #12meses12 loitas para reivindicar desta volta o noso rexeitamento ó novo CONTRATO DE CONTINUIDADE.

Dita mobilización terá lugar o xoves 12 de Setembro ás 12 da mañá diante dos diferentes hospitais galegos e centros de saúde. Convidamos como noutras ocasións a pacientes, enfermeiros e demais persoal sanitario a acudir coa camisola de Enfermeiras  Eventuais en  Loita ou no seu defecto, cunha camiseta negra en sinal de loito. O persoal que se atope traballando lucirá un laciño negro.

O Contrato de Continuidade que nos presenta o Sergas como a solución á falla de estabilidade laboral e á falla de persoal para cubrir ausencias do persoal fixo, non é máis que unha forma encuberta de contrato de pool que nos fai estar pendente do teléfono 24 hrs do día os 365 días do ano. Esto é estabilidade??? Nos entendemos que isto é un parche e non unha solución, por iso queremos mostrar o noso rexeitamento como xa fixo o colectivo de médicos de familia no seu momento.

Nas túas mans está a chave da túa liberdade!