Comunicado do Concello de Vigo ante o ocorrido nos estanques de Navia

Publicado por o día 27/12/2020 na sección de Concello de Vigo,Galicia,Vigo

Comunicado do Concello de Vigo ante o ocorrido nos estanques de Navia

Ante a información publicada este domingo sobre os estanques de Navia, desde o Concello de Vigo queremos aclarar que a empresa concesionaria do mantemento das zonas verdes está a limpar os cinco estanques e facendo seguimento puntual do avance dos traballos, sen incorrer en ningún deixamento de funcións nin poñer en risco aos peixes.

Ata o momento xa foron reparados catro con absoluta normalidade. Co mesmo procedemento, o quinto estanque está actualmente en fase de limpeza, para o que é preciso rebaixar o caudal de auga, mais neste caso quedou con menos volume do previsto, ante o que a propia empresa, no seguimento que viña realizando, decidiu incrementar o caudal. Non obstante, a cantidade de auga anterior non poñía en risco aos peixes, segundo informa a empresa, nin temos aviso algún desta situación por parte da Asociación de Veciños.

A actuación de limpeza e mantemento está en todo momento planificada. A empresa está a facer un seguimento constante da situación dos pozos, o quinto quedará listo en próximos días e os peixes volverán a ocupar os cinco estanques unha vez finalice a limpeza. Con todo isto quedarán concluídos os traballos, que o Concello tiña planificados dentro das tarefas de mantemento das instalacións.

Comentar noticia

Your email address will not be published.