Comunicado do Concello de Vigo por un desafiuzamento que se realizou na cidade de Vigo

Publicado por o día 02/01/2021 na sección de Concello de Vigo,Galicia,Vigo

En relación á información publicada sobre o desafiuzamento dunha familia en Vigo, o goberno municipal quere manifestar que non tivo coñecemento da situación, nin por parte dos afectados nin por parte das persoas que os están axudando. Esta familia acudiu noutras ocasións aos servizos municipais e sempre foi atendida.

Hoxe mesmo, en canto tivemos coñecemento do desaloxo, contactamos coa familia para ofrecerlles comida e cea desde hoxe e durante os próximos días, un ofrecemento que aceptaron, e para comunicarlles que o luns a primeira hora teñen cita urxente coa traballadora social co fin de tratar de buscar unha solución á súa situación. Ademais, trasladámoslles que no caso de que se tivera posto en contacto cos servizos municipais tería sido atendida, como sempre facemos. Neste caso, a familia non comunicou a situación ni á súa traballadora de referencia nin á traballadora social de urxencia.

Vigo é o único concello de España que conta cun servizo de atención social continuada os 365 días ao ano cunha traballadora social e unha técnica de inclusión social, que están ao dispor da cidadanía no teléfono 986 29 42 80.

Malia a nosa sorpresa por non recibido ningunha información sobre o desafiuzamento, xa estamos atendendo a esta familia como fixemos en ocasións anteriores.