Comunicado do Concello de Vigo sobre as árbores de Ronda de don Bosco

Publicado por o día 28/12/2020 na sección de Concello de Vigo,Galicia,Vigo

Comunicado do Concello de Vigo sobre as árbores de Ronda de don Bosco

O Concello de Vigo informa de que durante as obras de humanización que se están levando a cabo na Ronda de Don Bosco foi necesaria a retirada de varias árbores tras a recomendación de varios informes técnicos que indican o risco de caída. En calquera caso, xa se iniciou a plantación de catro árbores de gran porte e de máis de 12 metros de altura.

Os informes existentes ao respecto -tanto internos como externos- realizados por técnicos municipais e por empresas especializadas e punteiras do sector, aconsellaron a retirada das árbores por razóns de seguridade, xa que existe un alto risco de caída e máis nestas condicións meteorolóxicas. O Concello pregúntase que pasaría ou quen respondería no caso de que caesen sobre un coche ou persoa. Responderían os partidos da oposición?

A humanización da Ronda de Don Bosco xa inclúe nova vexetación coa que se vai acondicionar toda a praza. Así, vanse plantar nos xardíns catro Liquidámbar de gran porte (aprox. 12 metros de altura que substitúen aos catro cedros), tres Ginkgo Biloba de 4,5 metros e 22 Glicinias nas pérgolas. Do mesmo xeito, plantaranse 40 magnolios de 3,5 metros entre Blein Budiño e Taboada Leal; entre Velázquez Moreno e María Berdiales e en María Auxiliadora.

Una respuesta para "Comunicado do Concello de Vigo sobre as árbores de Ronda de don Bosco"

Comentar noticia

Your email address will not be published.