Comunicado desmentindo as afirmacións ou alusións a que GañaMós cambiara ou matizara a súa opinión sobre o proxecto de Macro Centro Comercial promovido por Arévalo e o Partido Popular. Nada máis lonxe da realidade, nós seguimos decindo o mesmo que hai un ano e traballando para que en Mos non haxa pelotazos urbanísticos nin atentados ecolóxicos. Para desemascarar a quen pensa que pode reescribir a historia e cambiar a realidade só hai a acudir á hemeroteca que conforman as redes sociais de GañaMós. Non hai nada máis revelador que un breve repaso a historia recente do noso Concello.
COMUNICADO
Pois NON, non xiramos nin cambiamos de opinión. NIN o faremos nunca
Na festa do Monte de Tameiga membros e concelleiros de GañaMós xunto con deputados de En Marea acudimos a mostrar o noso apoio as comuneiras e comuneiros na súa loita contra o pelotazo urbanistico de Arevalo e Mouriño
Vestimonos de verde un plenos tras outro mentres reclamando ao PP que arquive a Modificación Puntual do PXOM e remate así con esta barbaridade que non beneficia ninguen máis que aos especuladores. As deputadas de En Marea non só viñeron a Mos a expresar o seu aopio senón que levaron a voz das veciños e veciños de Mos ao parlamento galegoe ao congreso. Na mobilización do 23 de novembro estivemos codo con codo cas veciñas e veciños, sendo uns maís vestidos de verde.
Recorrimos Mos parroquia a parroquia informando seste despropósito e denunciando a incapacidade de Arévalo de rectificar e de como o PP estaba intoxicando a opinión pública con mentiras. Como as comunidades de augas estaban sendo atacadas e ameazadas
Hai escasa semanas fixemos un chamamento para que o Partido Popular deixara de incendiar as parroquias insultando e buscando a confronación entre a veciñanza, ppara que Arevalo aceptara que o seu pelotazo urbanistico estaba morto e que só quedaba que nós deixara enterralo en paz polo ben de Mos
E aquí estamos un ano despois decindo o mesmo. Decindo que o Partido Popular vai de pelotazo en pelotazo sen ningun proxecto de concello para Mos, sen ningun proxecto de futuro. Decindo que nós non somos el partido do NON, nos queremos inversións que melloren e cubran as necesidades de Mos, pero inversións ecoloxicas, fora dos nosos montes, economicamente sostibles e que potencien o comercio e a industria local.
Nós NON cambiamos, Nós seguimos velando polo interese xeral porque nós si temos un proxecto de futuro para Mos.
Noticias de última hora en Vigo