Comunicado do presidente do Porto de Vigo ante ás declaracións do alcalde en relación co accidente de “O MARISQUIÑO”

Publicado por o día 04/02/2019 na sección de Galicia,Vigo

Comunicado do presidente do Porto de Vigo ante ás declaracións do alcalde en relación co accidente de “O  MARISQUIÑO”

Como presidente da Autoridade Portuaria, ante as declaracións que fixo o Alcalde de Vigo, e moi ao meu pesar, véxome na obrigación de facer unha nota aclaratoria porque non podo compartir, nin deixar pasar sen contestación as afirmacións vertidas polo Alcalde de Vigo referente a unha comparecencia, á que o Alcalde non asistiu, e tampouco asistiu o grupo socialista, o que non deixa de ser sorprendente xa que a obrigación dos Parlamentarios é asistir ás Comisións.

Dito isto, desexo puntualizar o seguinte:

1) A Orde Ministerial á que fai referencia o Alcalde, unha e outra vez, está anulada por sentenza firme do Tribunal Supremo, por tanto, non existe, e alguén debería haberllo advertido.

2) Si que se falou deste tema na comparecencia ante a Comisión, pero descartouse , polo mencionado anteriormente. Está por escrito no texto que se entregou na Comisión.

3) Para analizar as cousas debidamente, hai que recorrer ao Convenio Abrir Vigo ao Mar e ao Plan Especial de Ordenación do Porto de Vigo, documentos, ambos, totalmente en vigor.

4) De acordo con esas normas, o Alcalde non pode negar o feito de que o mantemento en todo ese ámbito pertence, integramente, ao Concello, aínda que o alcalde néguese a aceptalo. En canto á
providencia da Xuíz de Instrución, á que fai referencia o alcalde na súa intervención, esta Autoridade Portuaria está totalmente de acordo en que a zona do accidente pertence ao Dominio Público Portuario, como pertence, tamén, ao Dominio Público Portuario toda a zona de Orillamar, os Xardíns de Montero Ríos, etc. Pero iso non exime das obrigacións de mantemento do Concello ás que está obrigado pola firma do Convenio Abrir Vigo ao Mar.

5) Cústame traballo crer que unha autoridade pública non distinga o que é un permiso de ocupación, que está contemplado no artigo 72 da Lei de Portos e da Mariña Mercante, e que non saiba distinguilo de que obrigación que ten o Concello baixo a Lei de Espectáculos de Galicia que establece que quen dá a licenza para celebrar eses eventos é o Concello, e ninguén máis. Eses eventos necesitan, pois, un permiso dobre: por unha banda, o de ocupación, que se deu pola Autoridade Portuaria de Vigo, pero a licenza e a obrigación de inspeccionar todas as instalacións recae no Concello, está clarísimo na Lei de espectáculos de Galicia.

Esta presidencia do Porto non desexa entrar en polémicas ulteriores, pero é evidente que o alcalde non estivo atento á Comparecencia porque nada se esqueceu, nada hai que esconder e, por suposto, vou continuar no posto mentres teña a confianza do Presidente da Xunta de Galicia.