Comunicado do RC Celta ante os lumes forestais de Vigo e Galicia

Publicado por o día 16/10/2017 na sección de Celta,Deportes,Fútbol,Galicia,Vigo

Comunicado do RC Celta ante os lumes forestais de Vigo e Galicia

O RC Celta lamenta, repudia e condena a vaga de incendios que está a arrasar nas últimas horas  a comarca de Vigo e outros puntos de Galicia e que está a causar un dano irreparable na nosa terra. O club quere transmitirlle o seu pesar e enviarlle todo o seu agarimo aos familiares e amigos das vítimas mortais do incendio de Nigrán e unha mensaxe de ánimo e solidariedade a todas as persoas afectadas por esta terrible praga.

O RC Celta quere ademais mostrar o seu apoio e admiración a todos os profesionais e persoas que traballan sen desmaio no control e extinción do lume nos nosos montes e cidades e agradecer as mostras de solidariedade recibidas desde todos os puntos do país. Moitas grazas a todos.