Comunicado do Real Club Deportivo

Publicado por o día 21/07/2020 na sección de Deportes,Fútbol

Comunicado do Real Club Deportivo

Coñecida a nota informativa en que se comunica o acordo do adiamento do encontro da 42ª xornada de LaLiga: RC Deportivo – CF Fuenlabrada, e a celebración do resto da xornada en horario unificado programada para hoxe ás 21:00 horas, o Real Club Deportivo da Coruña SAD puxo en coñecemento tanto de LaLiga, como da RFEF e o CSD, a súa oposición frontal a tal decisión, ao entender que se adultera a competición e o espírito das dúas últimas xornadas con partidos cuxos resultados inflúen nos demais.

O Real Club Deportivo cumpriu escrupulosamente con todas as esixencias sanitarias marcadas nos protocolos e presentouse á disputa do partido sen que comparecese o Fuenlabrada. Por suposto, mostrámonos totalmente de acordo coas razóns sanitarias que obrigan á suspensión e que son asumidas por este Club, pero consideramos que debe entenderse que o Fuenlabrada non se presentou á celebración do partido e que ao Deportivo prexudícalle a disputa do resto da xornada nestas condicións.

Por todo iso, o Real Club Deportivo da Coruña estudará e emprenderá todas as accións legais necesarias, antes as instancias correspondentes, en defensa dos seus lexítimos intereses.

Comentar noticia

Your email address will not be published.