Os xefes de servizo e unidade da área de Vigo, dimitidos, queremos, en primeiro lugar, agradecer a proposta de distinción como Vigueses distinguidos. Tomámola como un recoñecemento dos cidadáns de Vigo ao labor profesional de todos os traballadores de atención primaria desta área sanitaria, dos cales nós somos as cabezas visibles.
O noso conflito naceu e mantívose como un conflito profesional durante estes meses. O seu único obxectivo é e foi sempre a mellora da AP desta área e tivo como meta o coidado da saúde da poboación que nos está encomendada. A pesar de que se nos acusou de estar politizados, só nos move un interese profesional pola mellora da AP. Por iso, estaremos encantados de recibir esta distinción a condición de que non se opoña ningún dos grupos políticos da corporación municipal de Vigo.
Entenderemos, así, que o premio xera consenso entre a cidadanía e que non se nos vai a utilizar politicamente, algo que non nos gustaría.
Xunta de Xefes de Servizo e Unidade da área de Vigo, dimitidos.
Noticias de última hora en Vigo