Comunicado oficial da concelleira Tania Castro de ACE

Publicado por o día 08/01/2017 na sección de ACE,Cangas,Galicia,Política,Vigo

Comunicado oficial da concelleira Tania Castro de ACE

Vaia por diante que nunca cometín ningún delito e o meu historial está completamente limpo.

Desculpádeme por non saber reaccionar á velocidade das noticias, pois non entendía a importancia pública deste pequeno episodio da miña vida privada, onde cría que tiña que seguir estando.

Tiña unha empresa, como tanta xente que quixo emprender neste país. Tiven un desacordo laboral cun traballador. Como non o arranxamos denuncioume, defendinme mal e perdín. Non puiden recorrer (a pesar da impotencia que sentía porque o consideraba inxusto) porque non podía asumir o custo das taxas para facelo. É por iso que me toca pagar unha indemnización, e o fágo. Polo tanto, o incidente laboral queda liquidado.

O motivo da apertura do local foi emprender un negocio por conta propia que consolidase postos de traballo e en particular, a contratación de persoas próximas á miña que estaban desempregadas.

Fomos ata 6 as persoas que traballamos no local (5 contratadas e eu mesma). De todos os empregados, sigo mantendo unha boa relación con 4 deles, todos excepto o empregado que me denunciou. Os contratos realizados foron: 2 empregadas a xornada completa, unha de 9:00 a 17:00 e outra de 13:00 a 21:00, 1 empregado de reforzo contratado 2 horas, 1 empregado de reforzo contratado 3 horas (o denunciante) e outro cun contrato de prácticas de 6 horas.

En xuño de 2015 resultei electa a nivel municipal e tiven que decidir traspasar o local para poder asumir a miña nova responsabilidade (concelleira voluntaria sen soldo). Todas as empregadas comprenderon o traspaso menos este empregado ao que tiven que denunciar por acoso, denuncia á que reaccionou interpoñendo a denuncia por traballo un día despois. O día do peche necesitei da presenza da Policía Nacional de Vigo pola actitude deste empregado comigo e coas demais empregadas, actitude de acoso e intimidación que seguiu propinándome nas redes sociais e por teléfono, motivo polo cal tiven que volver denuncialo ante a Garda Civil. Desde aquí gustaríame agradecer o trato, tanto da Policía Nacional de Vigo (que me acompañou durante 3 horas) como da Garda Civil de Cangas que actuou con celeridade e bo facer.

Unha vez recibida a denuncia por despedimento improcedente, acudimos ao xuízo cunha testemuña (a camareira que cubría o posto que o empregado dicía cubrir). Por descoñecemento, a miña testemuña fué invalidada por ser familiar. Certamente, podía acudir co resto de empregados cos que sigo tendo unha bo relación a día de hoxe ou con as clientas que me avisaban do que este camareiro estaba a facer na miña ausencia, pero non o fixen. Tiven medo.

Creo que é moi inxusto criminalizar ao emprendedor que arrisca o seu patrimonio, na maioría dos casos escaso ou prestado, para tratar de achar saídas laborais para a súa xente á vez que contribúen a xerar postos de traballo e son unha parte fundamental da nosa economía que sufriron especialmente os efectos da crise, ata o punto de non poder recorrer unha sentenza que, aínda que respecto (non pode ser doutro xeito) non considero xusta por non poder pagar as taxas xudiciais. Dásche conta que isto menoscaba o dereito á tutela xudicial efectiva, sendo un exemplo máis de que existen cidadáns de primeira e que os teus dereitos fundamentais a ser oída por un tribunal ven restrinxidos.

Ser emprendedor é duro, abrigo nos tempos de crises e de recesión que vivimos. Un faise emprendedor pensando que con traballo e esforzo (tal e como repiten os gobernos populares e demais entidades de crédito constantemente) poderás ter o teu negocio, buscar un medio de vida digno, e contribuír á comunidade. Tamén o fas pensando que do froito do teu traballo, dedicación e aposta persoal con ilusión, ocasióneche outra gran satisfacción: contribuír na medida das posibilidades de cada un para xerar traballo e mellorar con iso a vida dos que che rodean.

Pola miña banda pido perdón de novo e quédome co aprendido coa miña experiencia persoal: é preciso cambiar este sistema inxusto e que fai tanto dano a persoas que só queremos ter un traballo digno, sexa como empregado ou como empleadora, e sobrevivir nun país no cal non se nos facilita nada ás que non vimos de berce de ouro.

Vaya por delante que nunca he cometido ningún delito y mi historial está completamente limpio.Disculpadme por no saber…

Posted by Tania Castro on Saturday, January 7, 2017

 

Una respuesta para "Comunicado oficial da concelleira Tania Castro de ACE"

  1. toño   09/01/2017 at 0:00

    Vaia por diante que o seu historial está limpo????
    Pero vamos a ver, se tes una condena firme !!! Queres tomar á xente por idiota?
    Eres una explotadora….vai para o PP, ti e quen sabendo o que fas che mantén o sueldo!