Comunicado relativo á expulsión da concelleira de Boiro Novo

Publicado por o día 28/10/2017 na sección de Galicia,Política

Comunicado relativo á expulsión da concelleira de Boiro Novo

O pleno do pasado venres converteuse, e xa van demasiadas, nun esperpento pola bravocunería do Alcalde de Boiro. Se Juan José Dieste é un alcalde mediocre, é, tamén, un presidente de corporación patético. O pleno extraordinario rematou coa expulsión de varios compañeiros da corporación, e tamén da nosa concelleira Dores Torrado.

Durante o debate sobre o punto no que se aprobaba o préstamo para a rehabilitación do Pazo de Goiáns, Dieste enzarzouse nunha discusión co concelleiro Socialista, Maneiro, ao que acabou expulsando. Durante a intervención da concelleira de Boiro Novo, inmediatamente despois, defendeu que a expulsión do concelleiro era unha aplicación encuberta do art.155 na corporación de Boiro, e definindo esta actitude autoritaria do alcalde como fascista.


Acto seguido, Dieste volveu a facer gala deste autoritarismo expulsando tamén á nosa concelleira. Dende Boiro Novo avalamos, apoiamos e reafirmamos as verbas da nosa compañeira. Dieste non sabe nin xestionar un pleno, nin asumir as críticas, nin escoitar as verdades incómodas; e o seu comportamento volveu a ser autoritario. Dores Torrado dixo estas palabras no exercicio das súas funcións, e polo tanto é inadmisible a súa expulsión do debate plenario. Na R.A.G definese fascista como unha “persoa que actúa de xeito autoritario asoballando aos demais ou
negándolles os seus dereitos”. No pasado pleno do venres 27, Juan José Dieste, alcalde de Boiro, comportouse como un fascista.