Comunicado sobre o proceso do cambio de hospital do ano 2018

Por o 03/11/2018 | Sección: Cangas,Galicia,Sanidad
Comunicado sobre o proceso do cambio de hospital do ano 2018

Tod@s aquel@s usuari@s que están asinados ó Centro de Saúde de Cangas, Moaña, Baiona, Nigrán, Gondomar e vigues@s que teñen como hospital de referencia a Povisa, así como @s usuari@s do Álvaro Cunqueiro, non poidan pedir o cambio de hospital xa que os Centros de Saúde non recibiron as instrucións nin a información necesaria para realizalo.

Proba disto: unha familia (formada por cinco membros) achegouse ó Centro de Saúde de Cangas para presentar a solicitude e non lla puideron facer debido á falta de instrucións.

A Consellería de Sanidade e Povisa siguen negociando para acadar un acordo económico favorable ó hospital privado. Desgraciadamente, @s usuari@s son só axentes pasiv@s, pendentes dunha resolución a este conflito cíclico onde sempre sae favorecido o mesmo gañador, dende o inicio do conflito e “polos séculos dos séculos”.

É lamentable que esteamos no mes de novembro e a Consellería aínda non informase de cales son as razóns por non cumprir coa Instrución 7/2014 da Xerencia do Servizo Galego de Saúde, do 1 de setembro, onde se establece o período anual de elección de hospital, que é entre o 1 e o 30 de novembro de cada ano de vixencia do actual concerto entre a Consellería de Sanidade e o Hospital Povisa, S.A.

Dende setembro do 2014 que se establece o actual concerto, o hospital Povisa tíñanos acostumados a unha campaña brutal de marketing (tanto en medios de comunicación, redes sociais, etc.) co obxectivo de recoller un maior número de solicitudes. Este ano sorprende o silencio e a opacidade dun proceso que ten que ser transparente e democrático. Dito proceso debería contar coa información suficiente, por parte da Administración, para que a nosa decisión foxe máis libre e responsable.

A Voz Da Sanidade vai presentar unha queixa á Valedora do Pobo, para que inicie accións cara a consellería de Sanidade polo aprazamento do período de solicitude do cambio de hospital, tal e como recolle o punto cuarto da Instrución 7/2014; e de cales son as razóns do seu incumprimento.

Para rematar, facemos un chamamento a tod@s as persoas que se sintan agraviadas, tanto polo aprazamento do proceso como pola falta de información, a que se poñan en contacto connosco para así poder esixir de maneira conxunta toda a información e as explicacións que a Consellería de Sanidade nos ten que dar.

Noticias de última hora en Vigo

Comentar noticia

Your email address will not be published.