Comunicado de Somos Quen ao fío da declaración de independencia de Cataluña

Publicado por o día 29/10/2017 na sección de Galicia,Política

Comunicado de Somos Quen ao fío da declaración de independencia de Cataluña

Nunha sociedade onde a política do sistema (derivada do réxime do 78) está pensada para o 1% de privilexiados sobre o restante 99% da poboación, non hai nada máis democraticamente rupturista que deixar que a xente fale nas urnas, e as urnas falaron en Cataluña e apostaron pola independencia, polo que desde Somos Quen non queremos deixar pasar a ocasión de parabenizar ao bravo pobo catalán, manifestándolle a nosa solidariedade e apoio a una sociedade que, facendo valer o seu dereito a decidir, fixo posible que hoxe fora un día histórico, o día no que o Parlament aprobou a resolución para declarar a independencia de Cataluña.

Hoxe triunfou a vontade da poboación fronte á de quen a quería demonizar e fulminar: Calquera conflito político hai que solucionalo politicamente, non a través da xudicalización, a represión e a criminalización. En democracia, os conflitos deben solucionarse con máis democracia.

Aqueles/as que pretendan amordazar á sociedade coa violencia do estado, por moi legal que nola pretendan vender, estarán condenados/as a ser derrotados/as por ese mesma cidadanía.