Comunicado urxente de R a cidadanía

Por o 20/02/2018 | Sección: Telefonía
Comunicado urxente de R a cidadanía

Varios clientes avisáronnos de que recibiron chamadas sospeitosas facéndose pasar por R. O noso departamento xurídico xa está a traballar no tema, porque é algo moi grave . En todo caso, lembra que:

– os nosos operadores sempre chaman dende Galicia, polo que non teñen acento estraño. E en caso de dúbida, sabes que sempre entendemos e falamos en galego (outros non).

– se alguén che pide os 20 díxitos da conta bancaria, desconfía. En R nunca o facemos. Como máximo os seis últimos díxitos, para asegurarnos de que es ti o titular do servizo.

Aproveitamos para aclarar outra dúbida: en R NUNCA cedemos os datos de ningún cliente a outros operadores. Tomamos moi en serio a protección de datos de carácer persoal e nunca xogaríamos con este tema. Ademais de que sería de parvos ofrecer estes datos á competencia.

Noticias de última hora en Vigo

Comentar noticia

Your email address will not be published.