Comunicado da xunta de xefes de servizo e unidade, dimitidos e cesados

Por o 12/04/2019 | Sección: Galicia,Sanidad,Vigo
Comunicado da xunta de xefes de servizo e unidade, dimitidos e cesados
Valoramos como un fracaso o confiar nos Sindicatos, SOS Galicia e e os membros da Coordinadora que integraron o Comité de Folga. Eran meros instrumentos do noso conflito, non protagonistas , a folga foi desconvocada sen consultar a ninguén , representativo, neste conflito. Tentaron converter un conflito Profesional transversal baseado na Dignidade e na Ética profesional , nun laboral , sentimos profundamente enganados.
 
Decidimos seguir constituídos como Xunta e ampliámola aos SAP que non estaban na mesma , para actuar como unha Xunta dos SAP do EOXI de Vigo , para coordinar as accións que se vaian decidindo nas asembleas.
 
Decidimos volver centrarnos nos problemas da nosa Área , os cales non só non se resolveron desde hai 5 meses , senón que empeoraron . As promesas feitas polo Conselleiro fai tres meses , quedaron en simples promesas e intencións , non se plasmaron en nada real para a AP de Vigo nin de Galicia nin para os nosos pacientes.Segue a saturación das consultas , empeora a non accesibilidade á Atención Hospitalaria dos nosos pacientes , o éxodo masivo de Médicos, a falta de orzamento…. o que publicitan nos medios a Conselleria e os seus palmeiros mediáticos é só fume .
 
Animamos ás outras Áreas de Galicia a constituír Xuntas dos SAP de Área , con persoas que sexan lideres profesional e persoalmente , estamos a xogarnos o futuro da AP e do SNS , é hora de saír das nosas zonas de confort , o que esta pasando en Vigo é o que vai pasar mañá no resto de Galicia

Comentar noticia

Your email address will not be published.