A comunidade de montes de Tameiga dirixe unha carta a veciñanza comuneira polo axunto R.C.Celta

Por o 11/01/2018 | Sección: Galicia,Medio Ambiente,Mos
A comunidade de montes de Tameiga dirixe unha carta a veciñanza comuneira polo axunto R.C.Celta

Estimada veciñanza comuneira.

Ante a información aparecida nos medios de comunicación, durante o pasado mes de decembro, e ante as declaracións de persoas relevantes no mundo da política, deportes e comunicacións sobre a futura Cidade Deportiva do Celta de Vigo e Área Comercial, que se construiría nos terreos propiedade das Comunidades de Montes de Pereiras e de Tameiga, esta Xunta Directiva diríxese a vostede para comunicarlle de primeira man, a información da que dispoñemos.

Despois do verán recibimos unha chamada do noso avogado, na que nos transmitiu a intención do Celta de Vigo de manter unha xuntanza coa Comunidade, a fin de explicar un proxecto que teñen pensado levar a cabo, e no cal precisaban mercarlle terreos a Comunidade de Montes de Tameiga.

Nesa xuntanza a Comunidade aclarou que non se pode vender Monte Comunal. Os representantes do Celta preguntaron entón como poderían facerse con terreos Comunales de xeito legal, ao cal se lles respondeu que cun arrendamento a longo prazo, permutando terreos ou con unha expropiación.
A resposta dos representantes do Celta foi que no proxecto non está contemplada a opción de arrendar, que queren terreos en propiedade. Tamén dixeron que non lles interesa iniciar o proceso da expropiación, co cal soamente queda opción da permuta. Aclaramos que na actualidade a relación de cambio para as permutas é de oito a un. Quedaron co recado e rematou a xuntanza.

Propuxeron unha segunda xuntanza, na que ofertaron permutar metro por metro, e como compensación, arrendar outras seis hectáreas para facer un parque forestal, que sería xestionado pola Comunidade cobrando un arrendamento.
Aparte de transmitirlles que non é interesante para a Comunidade esa proposta, comentamos o tema que no Monte Comunal hai varias captacións de augas.
Quedaron en ver cantos pozos hai e como solucionar o abastecemento de auga a toda a población que se sirve desa auga na actualidade.

¡¡¡ ATE HOXE !!!.

Estas foron as únicas conversas cos representantes do Celta de Vigo, nas cales soamente houbo declaracións de intencións e breve explicación do proxecto que queren levar a cabo.
Esta Xunta Rectora decidiu non convocar á Asemblea Xeral de Comuneiros, ate non ter unha copia do proxecto e unha oferta seria e firme.
Tamén queremos transmitirlles a nosa firme vontade de defender os intereses da Comunidade, e que tódalas decisións que se teñan que tomar será a Asemblea Xeral quen decida o futuro do noso monte.

Noticias de última hora en Vigo

Comentar noticia

Your email address will not be published.