COMUNYGAL Administrador de Fincas, novo colaborador do C. B. Seis do Nadal – Coia

Publicado por o día 19/04/2016 na sección de Baloncesto,Deportes

COMUNYGAL Administrador de Fincas, novo colaborador do C. B. Seis do Nadal – Coia

Comunygal Administradores de Fincas convertese na presente tempada 2015/2016 en novo Colaborador do Club Baloncesto Seis do Nadal – Coia.

Comunygal nace en Vigo en marzo do 2008 co obxectivo de aportar a profesionalidade, experiencia e coñecementos dos seus socios fundadores á Xestión das Comunidades de Propietarios.

Desde o Club Baloncesto Seis do Nadal – Coia, agradecemos a confianza e todo o apoio depositado por parte de Comunygal no noso proxecto deportivo, e estamos satisfeitos da relación establecida entre ambas as dúas partes para o presente curso 2015/16. Moitas grazas pola súa colaboración.

O equipo Infantil Feminino “A” do club que compite na Liga Primeira División Infantil Feminina 2015/16 e que levará o nome de Comunygal Seis do Nadal, visitou as instalacións e aos responsables de Comunygal, os cales desexáronlle moita sorte ás xogadoras neste final de tempada e déronlle moito ánimo para afrontar os últimos partidos da competición.

PRENSA AREA DEPORTIVA SEIS DO NADAL