O COMUNYGAL Seis do Nadal – Coia xa coñece rivais no Campionato de España de Clubs Infantil Feminino

Por o 02/06/2016 | Sección: Baloncesto,Deportes
O COMUNYGAL Seis do Nadal – Coia xa coñece rivais no Campionato de España de Clubs Infantil Feminino

O Infantil Feminino “A”, Comunygal Seis do Nadal, do Club Baloncesto Seis do Nadal – Coia que participou na Liga 1ª División Infantil Feminina conseguiu a clasificación para o Campionato de España de Clubs Infantil Feminino que se celebrará en Tui e Porriño do 12 ao 18 de xuño do 2016 e na que participarán 32 equipos de toda España.

CartelCampionatoEspañaClubsInfantilFeminino2016

O sorteo do calendario do Campionato de España de Clubs que se celebrou o pasado mércores día 1 de xuño encadrou ao equipo dirixido por Aalí Mohamed e Silvia Caíño no Grupo “E” xunto a Básket Almeda, terceiro dos clasificados de Cataluña; Megacalzado Ardoi, segundo dos clasificados de Navarra; e La Salle Tenerife, terceiro clasificado de Canarias.

O equipo infantil feminino do Seis do Nadal comezará a súa participación no Campionato de España o próximo domingo 12 de xuño ás 16:00 horas ante La Salle Tenerife en O Porriño. O segundo partido será o luns 13 de xuño ás 16:00 horas ante Megacalzado Ardoi en O Porriño, rematando a fase de grupos o martes 14 ás 13:30 horas ante Basket Almeda tamén en O Porriño.

O Club Baloncesto Seis do Nadal – Coia será a cuarta vez que participe nun Campionato de España de Clubs en toda a súa historia. A primeira destas catro foi na temporada 2009/2010 no Campionato de España Infantil Masculino que se celebrou en Vegadeo, a segunda vez foi no Campionato de España Cadete Femenino en Zaragoza na tempada 2011/2012 e a terceira foi no Campionato de España tamén Infantil Masculino celebrado en Cambados na tempada 2013/2014. no Campionato de España tamén Infantil Masculino celebrado en Cambados na tempada 2013/2014.