A Concellería de benestar social de Redondela recoñece “O Grave colapso existente” en servizos sociais

Por o 05/09/2017 | Sección: AER,Galicia,Política,Redondela
A Concellería de benestar social de Redondela recoñece “O Grave colapso existente” en servizos sociais

Sendo coñecedores dende AER que o goberno local pretendía contratar traballadoras sociais para cubrir as ausencias por vacacións de verán, no pasado mes de xullo solicítase acceso á información relativa a esta cuestión. Unha vez comprobado o expediente, a Agrupación de Electores observa que dende o goberno local deféndese esa contratación en base a, segundo as propias palabras da Concelleira de Benestar Social, “que os Servizos Sociais Comunitarios Básicos do Concello de Redondela se atopan nun estado de grave acumulación de tarefas…”; ou sexa, recoñécese explicitamente a grave situación do departamento, que dende AER pensamos que é motivado por unha mala xestión política en servizos sociais do goberno do Partido Popular nos últimos anos. Asume nese mesmo informe a

Concelleira responsable do departamento, que hai unha situación de importante saturación, e textualmente relaciona:

• Expedientes atrasados e pendentes de tramitación por parte do persoal técnico dos Servizos Sociais Comunitarios.
• Saturación da cita previa de ambas Unidades Interdisciplinares de Intervención Social (UNIS); saturación da lista de espera nas axendas profesionais das traballadoras sociais.
• Aumento da carga de traballo do departamento, ambas UNIS sofren un importante incremento da demanda, sendo cada vez as necesidades da poboación máis extremas e urxentes e o servizo demandado por unidades familiares normalizadas cuxa incipiente situación de precariedade económica fan precisar dunha dilixente intervención interdisciplinar.
• Aumento do número de expedientes xestionados dende o Departamento de Servizos Sociais.
• Tras a aprobación definitiva no Pleno do mes de maio de 2013, e a súa posterior modificación e publicación en xuño de 2016, da Ordenanza municipal de prevención de situacións de emerxencia social do Concello de Redondela, a carga de traballo do departamento incrementouse considerablemente. A tramitación dos expedientes é considerada de carácter urxente polo que se deben realizar as xestións coa maior celeridade posible non debendo transcorrer, con carácter xeral, máis de 30 días naturais dende a data de rexistro de entrada ata a data da resolución (sempre que non se paralice por causa imputable á persoa solicitante).

A situación actual do departamento de Servizos Sociais é recoñecido polo goberno local como moi grave e, unha vez revisados estes informes, resulta moi preocupante que non se tomen medidas contundentes para solventar esta situación, máis alá de pequenos parches ao contratar ata o mes de maio a dúas traballadores sociais mediante bolsa do programa da Deputación, que se atopan en formación, non de asunción de responsabilidades, e unha auxiliar administrativa ata decembro do presente ano.

Unha situación que dista moito de solucionar a grave carencia de persoal, nas diferentes escalas, e recursos con que conta este departamento. O propio departamento no informe de xullo recoñecía retrasos de cinco (5) meses na tramitación de expedientes e de máis de dous meses na concesión de citas, atopándose a data do 30-08-2017 cunha espera en citas en Redondela de 8-9 semanas e de 10 semanas en Chapela.

Cabe lembrar que a lexislación vixente, do Decreto 99/2012, do 16 de marzo, polo que se regulan os servizos sociais comunitarios e o seu financiamento, establece que para un concello como o de Redondela con poboación entre 20.000 e 40.000 habitantes, deberíase contar cunha dotación de persoal de 3-5 traballadoras/es, contando na actualidade co mínimo establecido, ou sexa, tres traballadoras sociais. Así, dende AER considérase fundamental que o goberno local busque a fórmula para a dotación ao departamento como mínimo dun/ha traballador/a social adicional de xeito permanente, de cara á mellora da resposta ás necesidades sociais da veciñanza de Redondela e á redución das esperas actuais.

Noticias de última hora en Vigo

Comentar noticia

Your email address will not be published.