A Concellería de Vías e Obras acomete a mellora da seguridade vial do PPI-VII e do Polígono da Granxa coa renovación da totalidade da sinalización horizontal e vertical

A Concellería de Vías e Obras, que dirixe Manuel Carrera, está a acometer as obras de renovación da seguridade vial do Polígono de A Granxa e do PPI VII, co pintado da sinalización horizontal e a substitución da sinalización vertical nos mesmos.
Publicado por o día 27/01/2018 na sección de Galicia,O Porriño

A Concellería de Vías e Obras acomete a mellora da seguridade vial do PPI-VII e do Polígono da Granxa coa renovación da totalidade da sinalización horizontal e vertical

A Concellería de Vías e Obras, que dirixe Manuel Carrera, está a acometer as obras de renovación da seguridade vial do Polígono de A Granxa e do PPI VII, co pintado da sinalización horizontal e a substitución da sinalización vertical nos mesmos.

“Na actualidade estas vías atópanse, en xeral, en mal estado de conservación, coas marcas viais case totalmente borradas e os sinais verticais, ou ben moi deteriorados ou, directamente, inexistentes, o incide na seguridade dos vehículos e peóns”, subliña Manuel Carrera.

O obxecto destes traballos, que contarán cun orzamento aproximado duns 70.000€ e un período total de execución duns dous meses, abrangue a mellora integral da sinalización horizontal, coa delimitación de illas, carrís e pasos de cebra, e a renovación total dos sinais verticais, “tendo coma eixe esencial a seguridade vial á que se suma a reordenación do tráfico e a mellora da fluidez do mesmo”.

Manuel Carrera salienta que para completar a sinalización seguíronse os criterios establecidos polo Ministerio de Fomento e a Dirección Xeral de Obras Públicas e engade que o labor comprende o vial principal que conecta a parte norte e sur do PPI-VII coa estrada provincial EP-2405, así coma outra estrada anular na parte sur e, no que se refire ao Polígono de A Granxa, un total de 5,5 quilómetros de lonxitude das rúas  Paralela 3, de 1.950 metros-, rúa As Gándaras-1.020 m.-, Cíes-490 m.-Ons-200 m.- San Simón-250 m.-Sisagras-280 m.-Sálvora-120 m.-Tambo-550 m- e A Tolda-270 metros-.