O Concello achega 606.039 euros a Foanpas para bolsas de comedor e actividades extraescolares

Por o 15/05/2017 | Sección: Concello de Vigo,Educación,Vigo
O Concello achega 606.039 euros a Foanpas para bolsas de comedor e actividades extraescolares

O goberno local renovou esta mañá o compromiso que mantén co funcionamento da Federación Olívica de Asociacións de Nais e Pais de Alumnos de Vigo e Comarca (Foanpas). O convenio, que ascende a 606.032 euros, permitirá subvencionar bolsas de comedor e actividades extraescolares.

Abel Caballero asinou hoxe luns un convenio coa Federación Olívica de Asociacións de Nais e Pais de Alumnos de Vigo por importe de 606.039 euros. A través deste acordo, o Concello financia bolsas de comedor cunha contía á que hai que sumar outros 1,2 millóns procedentes dunha partida adicional. Tamén se financian actividades extraescolares e formativas en todos os centros da cidade.

En declaracións aos medios, o alcalde destacou a “fluída” relación que o goberno local mantén con Foanpas e destacou a “o bo” papel que desenvolve este colectivo na comunidade educativa.

Noticias de última hora en Vigo

Comentar noticia

Your email address will not be published.