O Concello adicará 487.000 euros á humanización de Heraclio Botana, Roupeiro e Serafín Avendaño

O alcalde avanzou que a Xunta de Goberno Local de mañá xoves aprobará o proxecto de humanización destes tres viais, localizados no entorno de García Barbón e Rosalía de Castro. “Desde que nós chegamos, cambiamos ducias e ducias de quilómetros de rede de abastecemento de auga”, enfatizou Caballero.
Por o 24/01/2018 | Sección: Concello de Vigo,Galicia,Vigo
O Concello adicará 487.000 euros á humanización de Heraclio Botana, Roupeiro e Serafín Avendaño

O goberno de Vigo aprobará mañá xoves un novo proxecto de humanización para o entorno das rúas Rosalía de Castro e García Barbón. Trátase das reformas de Heraclio Botana, Roupeiro e Serafín Avendaño, nas que o Concello investirá case medio millón de euros.

Así o anunciou este mércores Abel Caballero en rolda de prensa, onde explicou que as obras presentan un prazo de execución estimado en sete meses e incluirán arborado, novas redes de rego, bancos, papeleiras e sinalización, un novo pavimento e beirarrúas de granito, o soterramento das redes eléctricas e unha nova red de alumeado.

O proxecto contempla a humanización integral das rúas Roupeiro e Heraclio Botana e unha beirarrúa de Serafín Avendaño, fronte á que xa está humanizada. Caballero recordou o Concello xa acometeu as prospeccións arqueolóxicas no nomeado vial, no tramo máis próximo a Areal.

A remodelación destes tres viais contempla o cambio das canalizacións de saneamento, de abastecemento e a incorporación dunha nova rede para augas pluviais. No tocante á auga, o alcalde de Vigo asegurou que “en Vigo o abastecemento de auga non se cambiou desde que empezou a democracia ata que chegamos nós, que xa cambiamos ducias e ducias de quilómetros de abastecemento” coas obras de humanización.