O Concello advirte de que o novo emisario submariño no que traballa a Xunta non cumpre a norma urbanística

Non respecta os usos de equipamento que recolle o Proxecto sectorial de Ence, que é o que está en vigor en toda a área de concesión da pasteira, que se estende a toda a EDAR
Por o 19/12/2017 | Sección: Galicia,Pontevedra
O Concello advirte de que o novo emisario submariño no que traballa a Xunta non cumpre a norma urbanística
Compartir en:

O Concello de Pontevedra emitiu un informe contrario ao anteproxecto do novo emisario submarino da EDAR de Praceres que tramita Augas de Galiza, por non ser compatible coa norma urbanística que está vixente no ámbito onde se quere facer a obra.

Esta norma urbanística é o Proxecto Sectorial de Incidencia Supramunicipal que a Xunta de Galicia aprobou no ano 2003 para darlle cobertura legal á instalación da depuradora de Ence e tamén a unha papeleira, que finalmente non se construíu. Pero a norma segue en vigor e afecta a todo a área da EDAR.

Co Proxecto sectorial na man, os técnicos municipais que informaron o anteproxecto do emisario submarino entenden que non se cumpre a normativa urbanística, xa que o Proxecto sectorial inclúe esta zona como equipamento. E neste ámbito, o anteproxecto de Augas de Galicia propón a creación dunha nova cámara de carga e a estación de bombeo, e a saída do novo emisario submariño, a conexión da EDAR e o desvío do colector de pluviais existente.

Ademais, dende os servizos técnicos municipais se defende a creación de dous emisarios submariños independentes para que discurran por separado os residuos urbanos dos industriais (de Ence) “e dunha vez por todas saber cal é a carga de residuo que Ence bota a ría, dado que agora comparten emisario”, asegurou Carme da Silva, quen lembra que se a Xunta quere traballar en favor da recuperación da ría de Pontevedra debera dividir os emisarios.

A presidenta da Comisión de Urbanismo recordou esta mañá que “o único no que tiveron presa en levantar foi o campo de fútbol, e agora sabemos por que: porque era o entronque co novo emisario submariño que non cumpre a normativa vixente: o Proxecto sectorial de Ence”.