O Concello anima á participación nunha gran paraugada polo Día Internacional da Discapacidade

A concelleira de Benestar Social, Isaura Abelairas, animou esta mañá a todo Vigo a participar o domingo 3 de decembro na gran paraugada coa que se celebrará o Día Internacional da Discapacidade. A cita será ás 12,00 h a carón do monumento a Julio Verne, no Náutico.
Publicado por o día 30/11/2017 na sección de Concello de Vigo,Galicia,Vigo

O Concello anima á participación nunha gran paraugada polo Día Internacional da Discapacidade

Todo Vigo está invitado a participar na gran paraugada que trece colectivos organizarán o domingo día 3 ao lado da estatua de Julio Verne, no Náutico. Este acto, que conta co apoio do Concello, levarase a cabo simultaneamente en Vigo, A Coruña e Pontevedra. A concelleira de Benestar Social, Isaura Abelairas, animou a todo Vigo a achegarse a unha iniciativa que loita por romper barreiras arquitectónicas e mentais.

Tal e como dixo a responsable de APAMP, Concepción Somoza, cos paraugas de cores o que se pretende é representar unha sociedade plural e diversa que acolle a todos por igual, sen diferencias, cun mesmo fin e un mesmo desexo de convivencia.

En Vigo participan os seguintes colectivos: Amencer, Apamp, Aspanaex, Aceesca, Fundación Menela, Juan María, Alento, Fundación Aldaba, San Rafael, Esclavas Virgen Dolorosa, Juan XXIII; Amizade e, por último, Federación Aspace Galicia.