O Concello apoia con 15.000 euros a acción sindical de Comisións Obreiras

Abel Caballero asinou este mércores o convenio coa responsable da unión comarcal de CC.OO en Vigo, Amelia Pérez, segundo o cal o Concello respalda e fomenta as actividades do sindicato. Tamén en materia de emprego, o goberno de Vigo vén de conceder 30.000 euros a dúas entidades sen ánimo de lucro para proxectos de investigación, innovación e emprego.
Publicado por o día 21/09/2016 na sección de Concello de Vigo,Vigo

O Concello apoia con 15.000 euros a acción sindical de Comisións Obreiras

Informou Abel Caballero que a Xunta de Goberno Local aprobou a concesión de subvencións para o fomento do emprego a entidades sen ánimo de lucro mediante proxectos relacionados coa investigación e a innovación.

O goberno de Vigo concede 15.000 euros a cada organización beneficiaria da convocatoria. Por un lado UVIGO MOTORSPORT polo proxecto para desenvolver un monopraza de carreiras feito desde a cidade por estudantes de enxeñería. O segundo proxecto subvencionado será para a ONG EMAUS e a súa proposta investigadora relacionada coa reciclaxe e a reutilización do téxtil.

O alcalde vigués recordou que o Concello adica dous millóns e medio de euros a plans directos de creación de emprego, ademais dos postos de traballo xerados a través dos investimentos públicos municipais. Caballero afirmou que actualmente a obra pública con maior xeración de emprego en Galicia é a remodelación do estadio municipal de Balaídos.