O Concello apoia GastroVigo, unha ruta gastronómica por 22 restaurantes da cidade

A partir de hoxe xoves e durante 10 días, 22 restaurantes da cidade ofrecerán menús degustación de alta calidade por un prezo de ata 25 euros. O Concello apoia esta nova iniciativa de Mahou porque supón “poñer en valor a gastronomía, a economía o comercio e o turismo da cidade”.
Publicado por o día 06/04/2017 na sección de Concello de Vigo,Vigo

O Concello apoia GastroVigo, unha ruta gastronómica por 22 restaurantes da cidade

A partir de hoxe xoves e durante 10 días, 22 restaurantes da cidade ofrecerán menús degustación de alta calidade por un prezo de ata 25 euros. O Concello apoia esta nova iniciativa de Mahou porque supón “poñer en valor a gastronomía, a economía o comercio e o turismo da cidade”.

O edil de Comercio, Ángel Rivas, invitou a todo Vigo a gozar da mellor gastronomía da cidade en GastroVigo, unha ruta de Menús Cinco Estrellas na que participan 22 restaurantes de distintas zonas da cidade e que ofrecen pratos degustación de ata 25 euros por comensal. Segundo Rivas, o Concello súmase con entusiasmo a esta iniciativa que se desenvolverá entre o hoxe día 6 e o 16 de abril xa que supón “unha aposta importante para poñer en valor a gastronomía, a economía, o comercio e o turismo da cidade”.

Baixo a organización de Mahou, en colaboración coa Federación Provincial de Empresarios de Hostalaría (FEPROHOS) e Big Gourmand Michelin, GastroVigo é un paso máis para consolidar Vigo como capital da gastronomía de Galicia. Logo de destacar o importante crecemento do turismo na cidade nos últimos anos -o ano 2016 rematou con máis de 700.000 pernoctacións- reiterou o compromiso do goberno local de seguir a cooperar con iniciativas de promoción da hostalería e, polo tanto, do turismo. Entre outras actuacións, referiuse aos concursos de tapas ou aos gastromercados de O Progreso e o Berbés.

Serán 22 restaurantes os que ofrecerán durante dez días unha selección de pratos e menús degustación que recollen o mellor da gastronomía galega por un prezo que, en ningún caso, superarán os 25 euros por comensal. Nesta iniciativa atoparanse propostas para todos os gustos, algunhas máis innovadoras e outras máis tradicionais, pero todas teñen en común unha coidada selección da materia prima e a garantía de calidade que supón contar con algúns dos mellores chefs de Galicia.

Na presentación tamén participaron Bryan Kaulback, director rexional de Hostalería, César Sánchez Ballesteros, presidente de FEPROHOS, Pablo de la Fuente, director de Marca de Mahou e representantes dos locais participantes.

Toda a información dos restaurantes e os seus menús en: http://www.mahou.es/gastrovigo/