O Concello apoia o I Concurso Internacional de Piano de Vigo, que conta con 70 participantes

A partir deste sábado e ata o día 12 de abril, setenta pianistas procedentes de 25 países participarán no primeiro Concurso Internacional de Piano de Vigo, organizado no Auditorio Martín Códax do Conservatorio Superior de Música. Este certame é unha mostra máis do “gran momento” que está a atravesar a música clásica na cidade, segundo o concelleiro de Cultura
Por o 07/04/2017 | Sección: Concello de Vigo,Eventos,Vigo
O Concello apoia o I Concurso Internacional de Piano de Vigo, que conta con 70 participantes
Compartir en:

A partir deste sábado e ata o día 12 de abril, setenta pianistas procedentes de 25 países participarán no primeiro Concurso Internacional de Piano de Vigo, organizado no Auditorio Martín Códax do Conservatorio Superior de Música. Este certame é unha mostra máis do “gran momento” que está a atravesar a música clásica na cidade, segundo o concelleiro de Cultura.

O Auditorio Martín Códax do Conservatorio Superior de Música acollerá entre o 8 e o 12 de abril o I Concurso Internacional de Piano Cidade de Vigo no que competirán ao redor de setenta artistas elixidos de entre máis de 120 aspirantes de 25 países distintos. É o primeiro concurso de España que non ten límite de idade, tal e como se explicou na rolda de prensa de presentación, na que participaron esta mañá o concelleiro de Cultura, Cayetano Rodríguez, e Pablo Galdo, director artístico da Asociación de Música de Clásica de Galicia. O certame, que conta con participantes de Corea, Xapón, Australia, EEUU, Polonia ou Italia, arrancará mañá sábado cun concerto inaugural que correrá a cargo de Miguel Ituarte

O responsable de Cultura enmarcou este concurso no “gran momento que está a atravesar a música clásica na cidade”, cunha gran aposta municipal apoiando, entre outros eventos, o Concurso Cidade de Vigo de Violín e violonchelo, os programa Xoves Clásicos de Vigo, as orquestras Clásica e a Vigo430, o certame de Música Sacra, o Festival Vigo nas ondas, ou as numerosas actuacións das 38 corais ou das 9 bandas de música coas que contamos na cidade. Todas estas iniciativas son un exemplo de calidade e colocan a Vigo como un referente na música clásica en toda España, dixo o edil.