O Concello aproba o convenio con ADIF e Xunta para a estación do AVE de Vigo

O acordo supón un investimento de 10,7 millóns de euros, dos que o goberno municipal achega o 22%, 2,3 millóns de euros, ADIF o 62% e a Xunta o 16%. A previsión é comezar as obras o vindeiro ano ao mesmo tempo que as do centro comercial deseñado por Thom Mayne.
Publicado por o día 21/11/2017 na sección de Concello de Vigo,Galicia,Vigo

O Concello aproba o convenio con ADIF e Xunta para a estación do AVE de Vigo

O Consello da Xerencia de Urbanismo dará luz verde á proposta de convenio de colaboración entre a Consellería de Infraestruturas e Vivenda, o Concello de Vigo e Adif para a execución dos accesos e a nova viabilidade urbana da contorna da estación intermodal de Vigo. O conxunto do proxecto elévase a 10,7 millóns de euros de inversión, do que ADIF financia O 62% ADIF – 6.630.000 euros -, o Concello achega o 22% -2,3 millóns- e a Xunta o 16% -1,5 millóns de euros-.

Segundo explicou o alcalde, trátase dun mecanismo que contempla a adaptación para construír enriba da estación de Vialia de Mayne, a saída desde a rúa Lepanto ata a autoestrada en túnel, a eliminación do paso elevado de Alfonso XIII e, con isto, a culminación da obra deseñada por Thom Mayne.

A previsión é iniciar as obras en 2018 e facelas ao mesmo tempo que a construción do centro comercial de Mayne, que ten un prazo de execución estimado de 24 meses. Unha vez concluídos os traballos, o Concello de Vigo será o titular de todas as infraestruturas, o túnel e a entrada e manexa proxectos por un importe total de 4,3 millóns de euros.

Abel Caballero sinalou tamén que o proxecto do centro de Thom Mayne e os novos accesos serán tramitados polo procedemento establecido na Lei 3/2016, ao non estar contemplada a estación no PXOM de 1998. O Concello xa someteu o proxecto a información pública e tamén a relación de bens e dereitos afectados pola expropiación para a estación de autobuses que o goberno local cederá á Xunta.

Xunta de Goberno Local
O convenio entre ADIF, Concello e Xunta será aprobado o xoves pola Xunta de Goberno Local que tamén deu luz verde ao expediente de contratación do subministro de enerxía eléctrica en media e baixa tensión para as distintas instalacións e dependencias do Concello de Vigo que inclúe os semáforos, alumeado público, fontes, colexios públicos, centros docentes, instalacións deportivas e dependencias municipais por un importe en tres anos de case 12 millóns de euros. As contías repártense da seguinte maneira: 2018 case 5 millóns de euros, 2019: 5,9 millóns de euros e 2020: 981.000 euros.