O Concello aproba a humanización da segunda fase de María Berdiales cun custo de case 200.000 euros

Abel Caballero deu conta esta mañá da aprobación do proxecto de humanización da segunda fase de María Berdiales, entre Gran Vía e Hernán Cortés, cun orzamento de case 200.000 euros. Na mesma Xunta de Goberno, tamén se deu luz verde a un modificado do proxecto do aparcamento do Álvaro Cunqueiro, unhas obras que, tal e como adiantou o rexedor, rematarán en decembro.
Publicado por o día 29/09/2017 na sección de Concello de Vigo,Galicia,Vigo

O goberno local deu luz verde á proxecto da humanización da rúa María Berdiales, entre Gran Vía e Hernán Cortés. Cun orzamento de case 200.000 euros e un prazo de execución de 4 meses, os traballos incluirán renovación de pavimento, redes, rego, iluminación e mobiliario urbano. Trátase da segunda fase de humanización desta rúa, xa que o primeiro tramo renovouse ao tempo que Manuel Núñez, uns traballos que se elevan a case

O alcalde tamén deu conta da aprobación dun modificado do proxecto de execución da obra do aparcamento público do Álvaro Cunqueiro cun orzamento total de 545.639,42 euros. Trátase dun cambio de 7.000 euros necesario dado que, tras o inicio do movemento de terras, detectouse a necesidade de reforzar o apoio do aparcamento nunha parte da superficie. Durante o mes de outubro, seguirán os traballos de recheo e de movementos de terra, para acometer en novembro os traballos de urbanización. Tal e como avanzou o rexedor, está previsto que as obras rematen en decembro, aínda que dependerá de que o tempo permita avanzar.

Cubrición patio
Outro dos asuntos que recibiu luz verde foi a contratación das obras para a cubrición do patio do colexio Rocío, cun orzamento de 275.900 euros. Este ano, ademais, o Concello vai cubrir os patios dos centros de Caballal-Cabral -aprobouse hoxe venres a licitación das obras- e de Canicouva, pendentes neste caso dun informe de Patrimonio. En total, o goberno local adicará uns 600.000 euros á cubrición de patios de centros educativos, unha cifra á que hai que sumar o que xa se fixera no Rodríguez Castelao, a pesar de que a responsabilidade é integramente da Xunta de Galicia.

O rexedor tamén deu conta da adxudicación do subministro, posta en funcionamento e mantemento de desfibriladores para instalacións deportivas municipais, por un importe de 26.000 euros. Por último, aprobouse o Proxecto de actividades de sensibilización e educación ambiental do Camiño a Camiño 2017. Cun orzamento de 20.000 euros, organizaranse 7 roteiros medioambientais para 2.100 participantes aproximadamente.