O concello de Arbo adxudica a obra de mellora enerxética do Parque Empresarial de Arbo

As actuacións que se levarán a acabo estarán formadas pola sustitución do alumeado público actual ubicado no Parque Empresarial de Arbo e no seu aceso con cargo a subvencion concedida pola Consellería de economía, emprego e industria, subvención encamiñada á habilitación e mellora de infraestruturas dos parques empresariais da Comunidade Autónoma de Galicia, e estarán rematadas antes de fin de outubro.
Publicado por o día 05/10/2017 na sección de Arbo,Galicia

Según manifesta o alcalde, Horacio Gil Expósito, esta actuación ten por obxeto de dinamizar a economía e o emprego local mediante a creación de novas empresas así como o mantemento das existentes no mencionado parque empresarial, estima que necesita reformar as instalacións de alumeado público actuáis, tendo en conta tanto as carencias e a obsolescencia do mesmo como o elevado gasto que supón o seu mantemento,  do AFORRO ENERXÉTICO ANUAL ascende a 28.294 Kwh., ou o que é o mesmo aproximadamente unha reducción do 84,63% do consumo.

 Ademáis, como consecuencia de ditos aforros enerxéticos, conseguirase tamén unha mellora considerable de redución de CO2 ó ambente exterior, ó redor de 9,62 toneladas de CO2 menos emitidas  conseguíondose con elo a actualización do alumeado público obsoleto actual fronte ós alumeados dos parque empresariales máis próximos, mediante a instalación de luminarias de tecnoloxía LED, conseguindo con elo dar un mellor servizo ás empresas do citado parque empresa, mellora na eficiencia enerxética, cun un gran aforro económo e  Mellora na eficiencia lumínica, xa que disporá dunha iluminación máis uniforme, co conseguinte confort lumínico para as empresas do parque empresarial.