O Concello de Arbo, fai unha valoración exitosa do primeiro mes do Campamento de Verán de Arbo

Publicado por o día 30/07/2017 na sección de Arbo,Cultura,Galicia

O Concello de Arbo, fai unha valoración exitosa do primeiro mes do Campamento de Verán de Arbo

Neste mes coa axuda de Cristóbal Colón os nenos e nenas do campamento de Arbo puxéronse rumbo a América; con xogos, manualidades, películas e cancións estivemos descubrindo o continente Americano.

 Tamen fixeron unha viaxe polo Antigo Exipto, as nenas e os nenos descifraron xeroglíficos, buscaron o tesouro de Tutankamon, xogaron e fixeron deporte.

Tiveron no  campamento  a visita da guardia civil cos seus cabalos, Habano e Ledo fixéronse moi amigos dos rapaces e rapazas.

 Tamen fixeron   saidas a piscina, os xogos o aire libre e un viaxe a praia.

Horacio Gil, alcalde de Arbo, recoñece a gran variedade de actividades que se realizan no campamento, que ademais de xogar os nenos tamen aprenden e que para os pais Traballadores o campamento e unha medida de conciliación, ao que asisten un total de 35 nenos.